Denuncia ADEGA: La Xunta arrasa con una población de helechos en peligro de extinción al abrir una pista

A Xunta arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista

Unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, fento endémico considerado en perigo de extinción. Novamente, o patrimonio natural máis sensíbel, fica degradado polo desleixo da propia administración.

As obras de arranxo de pistas e novos cortalumes que Medio Rural está a executar na contorna da lagoa de Alcaián danaron tamén exemplares de Euphorbia uliginosa e Centaurea ultreiae, ambas en perigo de extinción e esta ultima endémica, así como de Spiranthes aestivalis, considerada vulnerábel.
No caso da poboación da Lycopodiella arrasada, os exemplares ficaban á beira dunha charca sobre a que abriron unha nova pista, en troques de arranxar o vello camiño que alguén ocupou cunha plantación de eucaliptos.

A lagoa de Alcaián ou Braña Rubia é un excepcional territorio cunha rara poboación botánica e non poucos endemismos, debido á súa peculiar xeolóxía de rochas ultrabásicas. Este espazo xa fora proposto polo bipartito para integrar a Rede Natura 2000, figurando tamén entre as áreas que o PP prometeu incluir nesta figura de protección… até hoxe.

Posíbel comisión dun delicto penal

Foto: Natureza Dixital

ADEGA lembra que os danos ás especies protexidas poden ser constitutivos de delicto, consonte o artigo 332 do Código Penal: “O que con grave prexuízo para o medio ambiente corte, talle, queime, arrinque, colleite ou efectúe tráfico ilegal de algunha especie ou subespecie de flora ameazada ou dos seus propágulos, ou destrúa ou altere gravemente o seu hábitat, será castigado coa pena de cadea de catro meses a dous anos ou multa de oito a 24 meses”.

Por iso preguntámonos quen se vai responsabilizar de ter eliminado toda unha poboación dunha especie en perigo de extinción, danando outras moi sensíbeis e endémicas. Como é posíbel que a mesma administración encarregada da protección deste valioso patrimonio, sexa tamén a responsábel do seu deterioro?
O descoñecemento non pode ser excusa, e moito menos tratándose da Xunta. Ademáis esta poboación de Lycopodiella en Coristanco estaba catalogada (cita no Herbario de Santiago SANT65621).

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s