‘Lugo de Cara ao Miño’ reclama que, además de la demolición en curso del dique ilegal del Miño-Sil, se archive la autorización para construir uno nuevo

A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL COMPROMÉTESE A ANALIZAR A SOLICITUDE DE ADEGA DE ARQUIVO DO EXPEDIENTE DE AUTORIZACIÓN DA ATAGUÍA EN DEMOLICIÓN-

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

diqueilegalmino3demolicion

Lugo, a 04 de novembro de 2016.O pasado día 10 de outubro, ADEGA solicitou á Confederación Hidrográfica Miño-Sil o arquivo do expediente de autorización da ataguía que actualmente está en proceso de demolición por mandato do Ministerio de Medio Ambiente.
ADEGA, no seu nome e no da plataforma “Lugo de Cara ao Miño”, presentou un escrito no que expoñía os motivos polos cales considera que se debe poñer fin á tramitación de dito expediente, iniciado a instancias da empresa INCA (primeiro) e do Concello de Lugo (despois), tras a incoación do expediente sancionador agora resolto.
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil contestou a este requirimento indicando que polo momento non se pode resolver ao respecto desta solicitude por tratarse dun expediente que está en suspenso, á espera de que se resolva a tramitación de impacto ambiental.
Unha tramitación que, segundo o Organismo de Bacía, resulta necesaria para poder pronunciarse sobre a autorización do dique que, actualmente, está a ser retirado.
No obstante, o Organismo de Bacía comprométese a estudar de forma “detallada” esta solicitude de arquivo do expediente de autorización da ataguía, unha vez sexa levantada a suspensión do prazo para resolver sobre a tramitación de impacto ambiental.
Lembremos que as administracións implicadas en tal resolución (Xunta, Ministerio e CH) non se poñen de acordo en que organismo debe decidir sobre o sometemento desta fallida infraestrutura á avaliación ambiental, o que aínda podería derivar nun conflito de competencias que, posiblemente, de non dirimirse pronto, se teña que resolver nos
xulgados.
“Desde ADEGA e desde a plataforma “Lugo de Cara ao Miño” consideramos que a día de hoxe xa non ten sentido proseguir coa tramitación do devandito expediente por atoparse a infraestrutura en proceso de demolición e por haber unha resolución firme do Ministerio de Medio Ambiente sobre a súa ilegalidade”.
“Así mesmo, resaltamos o feito de que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Xunta de Galicia, no seu informe ambiental do pasado 4 de outubro, sinala que segundo a Declaración de Impacto Ambiental do Proxecto de aproveitamento da Fábrica da Luz, o dragado do río deberá facerse “sempre desde fóra do río”, polo que está dando a entender que, nin a actual ataguía, nin outra futurible situada no interior do leito fluvial, serían autorizables para o dragado da canle de derivación do río cara á Fábrica da Luz”.
Este informe tamén revela, de forma indirecta, que a Xunta informaría negativamente á autorización desta ataguía no interior do río, no caso de que teña que ser esta administración a que adopte a decisión.
Pola súa parte, ADEGA advirte á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que segundo a Lei de Procedemento Administrativo vixente, a suspensión do prazo para resolver sobre a autorización da ataguía non pode superar os 3 meses, polo que lle pide ao Organismo de Bacía que indique cando está previsto que se levante a suspensión do procedemento ou se xa venceu o prazo legal para facelo.
———————————

“LUGO DE CARA AO MIÑO” APLAUDE O INICIO DAS OBRAS DE RETIRADA DA ATAGUÍA ILEGAL DO RÍO E INSTA AO CONCELLO A DAR UN PASO MÁIS

Lugo, a 02 de novembro de 2016.- Ante o inicio das obras de retirada da ataguía ilegal executada por INCA nas Saamasas, dentro do leito fluvial do río, a plataforma “Lugo de Cara ao Miño” manifesta a súa satisfacción por que finalmente se faga xustiza e se repare a ilegalidade que durante un ano estivo sufrindo un dos espazos naturais máis protexidos e valiosos de todo o municipio. A resolución firme do Ministerio do expediente sancionador incoado en novembro do ano pasado pola Confederación Hidrográfica Miño-Silque obriga a reparar o dano exercido neste espazo natural de Rede Natura vén a dar a razón a esta plataforma que, desde a súa constitución, denunciou ante os diversos organismos administrativos e a opinión pública que este dique era ilegal por non estar contemplado no Proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz, incumprir a Declaración de Impacto, e non ter a autorización previa da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Pese ás difamacións públicas, acusacións infundadas e demandas que ao longo destes case 12 meses tiveron que soportar esta plataforma e os seus membros por parte da empresa INCA por ter denunciado esta ilegalidade manifesta, “Lugo de Cara ao Miño” está convencida de que o esforzo pagou a pena e aplaude que a ataguía ilegal estea próxima a desaparecer de onde nunca debeu ser construída”.

Deste a plataforma “estamos convencidos de que se non fose pola tenacidade e a resistencia que a cidadanía de Lugo demostrou a prol da defensa deste espazo natural protexido e do río, a ilegalidade xa estaría consolidade ou a ataguía seguiría aínda ocupando o leito do río Miño”. Por iso, Lugo de Cara ao Miño quere agradecer o esforzo, traballo e apoio de todas aquelas persoas e colectivos que “desde o comezo confiaron e respaldaron as súas reivindicacións e priorizaron, por riba dos intereses particulares e privados, a defensa do río Miño, do espazo natural protexido e dos seus valores naturais”.

“Valoramos tamén de forma positiva que o Concello de Lugo asumise o mandato do Ministerio e non puxese atrancos na resolución do problema, que poderían incrementar a afección ambiental, o risco na seguridade do río e das persoas e o importe da multa a pagar por todos os veciños e veciñas.  Sen embargo, cremos que a responsabilidade do  Concello de Lugo,como promotor deste Proxecto e como principal valedor dos nosos intereses como cidade, non remata aquí. O goberno local debe dar un paso aínda máis adiante no camiño cara a defensa dos nosos bens públicos fronte os agravios que poden seguir sufrindo a causa da explotación privada da Fábrica da Luz. No sucesivo, o Concello debe evitar que este Proxecto, a todas luces agresivo para o Miño e inviable, acabe hipotecandoo erario público de todos e todas as lucenses e sacrificando o espazo ambientalmente máis relevante de todo o municipio nos vindeiros 38 anos, período polo que lle adxudicou a INCA a explotación da fábrica da Luz”. É por iso que a plataforma Lugo de Cara ao Miño insta ao Concello “a dispoñer todas as medidas xurídicas necesarias para evitar que toda a repercusión económica do dano ambiental e patrimonial creado no río recaía sobre as arcas municipais e, especialmente, que avalíe de forma inmediata e rigorosa a posible rescisión do contrato coa empresa adxudicataria INCA para recuperar, posteriormente, a concesión da Fábrica da Luz para a xestión pública municipal”.

Co obxectivo de facer chegar de forma directa ao Concello de Lugo esta petición e as suas inquedanzas con respecto ao futuro do Proxecto de explotación hidroeléctrica da Fábrica da Luz, Lugo de Cara ao Miño solicitou a finais de setembro unha entrevista coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que actualmente está á agarda de ser respostada.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s