A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, despediron este venres ás rapazas e rapaces que inician este mes mo sábado unha viaxe a Alemaña, dentro dun intercambio para reforzar o seu nivel de inglés.
A iniciativa, impulsada pola Alcaldía, foi proposta a todos os institutos do Porriño para que alumnas e alumnos de terceiro e cuarto de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) que o desexasen, e que cumprisen cos requisitos desta convocatoria, puidesen aproveitar esta oportunidade que, por primeira vez, pon en marcha o Concello do Porriño que se fai cargo de todos os custo da viaxe.
Finalmente, son once estudantes de entre 15 e 16 nos os que entre o día 6 e o 21 de agosto viaxen á localidade de Oberhausen -unha cidade de preto de 300.000 habitantes, situada en Renania do Norte-Wesfalia, na rexión do Ruhr- acompañados de dous…
Ver la entrada original 168 palabras más