La Xunta establece la veda para la sepia (choco) en las rías de de Vigo y Pontevedra

A Xunta establece a veda para o choco nas rías de Vigo e Pontevedra

  • Deste xeito queda expresamente prohibida a captura desta especie por medio de calquera arte ata o vindeiro 31 de outubro
  • No caso da ría de Vigo establécese dentro da liña que vai de Punta Monte da Guía a Punta do Con e na ría de Pontevedra dentro da liña que vai dende Punta da Moa ata Punta das Sinas
Santiago, 26 de xullo de 2016

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dúas resolucións da Consellería do Mar polas que se establecen vedas para a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra. Deste xeito, queda prohibida a captura, tenza a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie con calquera das artes incluídas no referido Decreto 15/2011. Esta veda inclúe tamén a pesca marítima de recreo, de acordo co establecido pola normativa vixente.

No caso da ría de Vigo a vixencia da veda é desde o 1 de agosto ata o 31 de outubro de 2016 e establécese dentro da liña que vai de Punta Monte da Guía a Punta do Con. Na ría de Pontevedra, a veda está vixente dende o 12 de xullo e ata o 31 de outubro e establécese dentro da liña que vai dende Punta da Moa ata Punta das Sinas.

Estas zonas das rías correspóndense co Anexo III establecido no Decreto polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A medida responde á solicitude entregada pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, promovida polos pósitos da ría de Vigo e da ría de Pontevedra. Deste xeito, perséguese o “establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos”, obxectivo marcado pola Lei de Pesca de Galicia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s