Os traballadores/as da área sanitaria viguesa consideran que este centro é «un símbolo da política privatizadora da Xunta do PP”
A xunta de persoal do Chuvi e a plataforma SOS Meixoeiro compareceron hoxe para facer un chamamento a todos os traballadores/as do Sergas e á cidadanía en xeral para que participen este mércores 22 na manifestación convocada para rexeitar o desmantelamento do hospital. Os colectivos de consideran que centro médico é «un símbolo da política privatizadora da Xunta do PP”.
A representación dos traballadores/as da área sanitaria de Vigo e SOS Meixoeiro ofreceron unha rolda de prensa esta mañá para facer un chamamento público á participación na marcha que percorrerá os exteriores do hospital este mércores a partir das 20.00 horas para rexeitar o seu desmantelamento. A comparecencia celebrouse no salón de actos do centro médico xusto cando se cumprían 21 días do inicio dun peche no interior…
Ver la entrada original 194 palabras más

