- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, impulsa esta medida pioneira en Galicia que proporcionará 150 novas prazas de atención continuada para nenos e nenas de 0 a 3 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia
- A convocatoria financia tanto a reforma e adaptación da vivenda e o seu equipamento e dotación material, como a atención profesional prestada
- Con esta medida preténdese crear recursos de conciliación para as familias e oportunidades para atraer poboación nova ao rural galego e fomentar o reequilibrio territorial. Ademais, supón un impulso e apoio para fórmulas de autoemprego e economía social
A Coruña
A directora xeral de Infancia, Familia e Dinamización demográfica, Amparo González, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, comparecerá en rolda de prensa para explicar a nova…
Ver la entrada original 939 palabras más