Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
2ª Entrega: Os días 7 e 8 de Maio.
A acción cidadá na boca da ría, o 7 de maio do 2007 e os días posteriores, detendo a entrada dos Gaseiros, permitíu rachar os Muros de Silencio e poñer en evidencia a complicidade das distintas Administracións: Estatal, Autonómica e Local, con este proceso fraudulento e perigoso.
Agora, tras máis de quince anos de loita, cando tres sentenzas do Tribunal Supremo confirman os plantexamentos do Comité, queremos ao fío deste aniversario, agradecer a tantas persoas que nos acompañaron e acompañan o seu compromiso na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida.
