Os representantes do Goberno galego reiteran o seu compromiso de financiar integramente a nova terminal- Solicítanlle ao Concello de Vigo que cumpra coa súa responsabilidade de dotar de accesos a todo o complexo
- Destacan que a falta de accesos axeitados impide que actualmente os viaxeiros de ferrocarril poidan acceder ao recinto da estación de tren en bus urbano
Vigo, 20 de abril de 2016.- A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes de empresas de transporte interurbano de pasaxeiros para abordar o proxecto para a nova estación de autobuses.
Esta reunión tivo como obxectivo trasladarlle ao sector unha explicación detallada do estado no que se atopa a tramitación do proxecto do complexo que acollerá entre outros servizos a estación intermodal, abordando así cuestións como o deseño ou a necesaria urbanización dos accesos por…
Ver la entrada original 195 palabras más