-O centro xestionado pola TIC atende a demanda dos propios usuarios con obradoiros de uso básico de ordenador, videoconsolas Wii eXbox, Internet ou Whatsapp
-Álvaro Santos destacou “o papel do InLugo nunha provincia envellecida como a nosa na que as novas tecnoloxías poden contribuír á calidade de vida dos maiores”
-Os interesados poden inscribirse a partir das 12:00 horas deste mércores, 30 de marzo, a través dewww.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186
O patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, presentou este mércores a programación do 2º trimestre de actividades desenvolvidas no Centro de Innovación Social, InLugo, que xestiona a TIC a través dunha encomenda da Deputación. Inclúe 27 cursos e obradoiros, tres deles na provincia, e un total de 311 prazas gratuítas destinadas a todos os lucenses de máis de 55 anos.
Santos afirmou que as actividades previstas de abril a xuño de…
Ver la entrada original 318 palabras más
