O Porriño, xoves 31 de marzo.- A alcaldesa, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras de Benestar, Soledad Girón, e Educación, Lourdes Moure, visitou este xoves a Escola Infantil de Doantes para coñecer as actividades que leva adiante, recibir información sobre as súas necesidades e facer entrega da última parte dos libros infantís que ven de achegar o Concello ás 30 unidades de Educación Infantil do Porriño coincidindo co Día Mundial do Libro Infantil.
Durante á visita, Eva García de la Torre analizou coa directora do centro, Andrea Ledo, un dos problemas que presenta o mesmo: a calor que vai dentro do recinto escolar e que afecta á actividade dos pequenos, en especial nas aulas con amplas cristaleiras. A alcaldesa comprometeuse a colocar, nos vindeiros días, como medida de emerxencia, unha toldaxe que mitigue o abafe nos días de sol, mentres un arquitecto municipal estudará de qué xeito é…
Ver la entrada original 176 palabras más