Aparecen máis usuarios estafados polo taller de Cangas-
jueves, 14 enero 2016, 10:41, por
Durante o mes de agosto do 2015, o xornal La Voz de Galicia informou sobre unha presunta estafa en venta de coches nun taller de Cangas. A empresa en cuestión, Talleres Tobal Móvil S.L., acumulaba varias denuncias por un presunto delito de estafa por cobrar pola venta de vehículos en man que nunca chegaban a entregarse.
Esta asociación cree que o goteo de casos irá en aumento, o que o número de usuarios prexudicados pode ser maior dos coñecidos ata agora. Nestes momentos, UCGAL está a actuar en nome de asociados damnificados polas malas prácticas de Talleres Tobal Móvil.
O último episodio corresponde a un veciño de Padrón que pagou 8.000 euros por un vehículo que nunca recibiu. Tras intentar, infrutuosamente, contactar có taller, este afectado, agora membro de Unión de Consumidores de Galicia, vaise querelar contra o devandito taller para que o responsable afronte as responsabilidades penais e civís que puideran corresponderlle.
Estamos ante un caso de presunta estafa que, lamentablemente, afecta de forma a un bo número de persoas que quedaron sen cartos e sen coche. Aproveitamos para facer un chamamento para que, aquelas persoas damnificadas por actos similares, contacten connosco xa que a única solución nestes casos é reclamar a través da vía xudicial.