- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avanzaron hoxe esta medida tras participar na constitución e primeira xuntanza do grupo de traballo do Plan social contra a desigualdade económica
- Os beneficiarios serán aquelas persoas que teñan ingresos por renda de traballo iguais ou inferiores aos necesarios para acceder á Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)
- Ademais, o programa Reconduce ampliarase aos desafiuzamentos por impago de aluguer, e abriranse catro novas oficinas provinciais de asesoramento nesta materia
- Está previsto traballar coa “máxima celeridade” na aplicación deste Plan, polo que se realizarán novas reunións nos próximos días para seguir definindo actuacións
- Este Plan social inscríbese nos obxectivos marcados en decembro pola Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2010, que establece como prioridade a prevención das situacións de exclusión
Santiago, 16 de xuño de 2015.- A Xunta anunciou hoxe que ampliará a exención…
Ver la entrada original 505 palabras más