VIII Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’

VIII Concurso de

Gastronomía

‘Cigarrón de Verín’

 

Sábado, 21 Marzo 2015 18:31

O Pavillón de Deportes de Verín acolleu a oitava edición do Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’, englobado dentro da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, e no que participaron vinte e dous concursantes afeccionados, profesionais da restauración e alumnos/as pertencentes a diferentes escolas de hostalería de Verín, Ourense e Chaves (Portugal).

Tras elaborar os pratos, prato principal ou sobremesa, en show cooking -cociña en vivo- e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado conformado por Inés Abril -concursante da segunda edición do programa Top Chef de Antena 3 e do restaurante ‘Maruja Limón’ de Vigo, que conta cunha estrela da Guía Michelín-, Marta Fernández -directora de marketing da Denominación de Orixe Monterrei- e Susana Eugénia de Cadete Reis -assessora da Direção Pedagógica da  Escola Profissional de Chaves (Portugal)- tomou a seguinte decisión:
– “Gran Cigarrón” (ao concursante con maior puntuación no prato principal na categoría de alumnos/as de escolas de hostalería e profesionais da restauración, dotado 400 euros, patrocinado polo Concello de Verín): “Rolo de cabrito con améndoas e pementos”, de Nicolás Lopes e Ana Teixeira (Escola Profissional de Chaves).
– “Gran Cigarrón” (ao concursante con maior puntuación no prato principal na categoría de afeccionados/as, dotado 400 euros, patrocinado pola pola Denominación de Orixe Monterrei): “Bacallau confitado con parmentier de pataca, chips de allo e tallaríns de orella”, de David Rodríguez Ferro.
– “Cigarrón Doce” (ao concursante con maior puntuación en sobremesas na categoría de alumnos/as de escolas de hostalería e profesionais da restauración, dotado con 200 euros, patrocinado por AEHCOM -Asociación Hostaleiros de Verín-): “Pudín de cenoria”, de Ricardo Lopes Ferreira e André Gomes da Costa (Escola Profissional de Chaves).
– “Cigarrón Doce” (ao concursante con maior puntuación en sobremesas na categoría de afeccionados/as, dotado con 200 euros, patrocinado por Aceites Abril): “Filloas de cores con sabores a licores recheas de castañas”, de José Luis Díez Rodríguez.
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín AECT, Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Socitransa, Parador de Verín, Vipeca, Aceites Abril, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s