- Valeriano Martínez presidiu en Santiago o Consello Asesor para a integración da discapacidade na Función Pública galega
- Explicou que na OEP de 2015 vaise establecer unha quenda separada na realización dos procesos selectivos
- Subliñou a obriga que teñen as administracións de asegurar a efectiva inserción laboral dos distintos tipos de discapacidade
- Destacou o incremento da reserva da cota nas ofertas de emprego público a unha porcentaxe non inferior ao 7%
Santiago, 3 de marzo de 2015.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou hoxe que a Oferta de Emprego Público (OEP) da Xunta de Galicia para 2015 incluirá por primeira vez un espazo específico para a discapacidade intelectual, polo que haberá prazas reservadas para as persoas con este tipo de discapacidade.
O titular de Facenda, que presidiu hoxe en Santiago o Consello Asesor para a integración da discapacidade na Función Pública galega, explicou que na OEP 2015 vaise…
Ver la entrada original 215 palabras más