- Cúmprese o obxectivo do Executivo galego de que 2014 fose o ano do inicio da recuperación económica
- O PIB autonómico encadea xa 4 trimestres con taxas interanuais positivas
- A variación intertrimestral no cuarto trimestre foi tamén positiva, do 0,1%
- Os datos publicados hoxe polo IGE confirman que está a medrar o emprego a tempo completo, o que non sucedía dende 2008
- Constátase tamén que en 2014 houbo unha mellor evolución do sector primario, a construción e o sector servizos
- O consumo aumentou por primeira vez dende o inicio da crise, e as exportacións avanzaron un 1,2%
Santiago, 26 febreiro de 2015.- O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia rexistrou no ano 2014 un incremento do 0,4% en termos interanuais, polo que rexistrou o seu mellor comportamento dende o ano 2010. Así o reflicten os datos de contabilidade trimestral publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Segundo indican os datos…
Ver la entrada original 259 palabras más
