DENUNCIA CHUS
O persoal do servizo de Urxencias do CHUS fará entrega maña venres 7 de febrero ás 11:30 hs. no Edificio do Sergas en San Lázaro unha entrega de 576 sinaturas dirixida ao Valedor do Pobo, a fiscalía e Dirección de RR.HH. do Sergas, co texto que abaixo segue:
O persoal do servizo de urxencias do CHUS solicitamos e demandamos o teu apoio para denunciar e deixar constancia mediante este escrito da situación de precariedade na que se ven obrigados a traballar, tanto pola escasez de recursos materiais como pola falta de persoal, tendo que prestar atención sanitaria a un número de pacientes URXENTES moi superior ao recomendábel, para poder garantir unha asintencia sanitaria digna e unha seguridade laboral para os traballadores.
Esta denuncia foi formulada en reitereadas ocasións diante da xerencia do CHUS, non atopando unha resposta nen responsábel nen satisfactoria para dar solución a unha problemática agravada polos recortes e xa demasiado prolongada e insostíbel.
Agradecendo a túa colaboración para a defensa dunha SANIDADE PÚBLICA de calidade e con garantías laborais e asistenciais para traballadoras e pacientes.
Compostela a 6 de febreriro do 2015