A Praza de Compostela acolle hoxe e mañá a iniciativa “Galicia Calidade en ruta”, con showcookings e unha cata de viño para fomentar o consumo de produtos con este selo de garantía
A marca conta con máis de 300 produtos certificados de 51 empresas diferentes
Vigo, 12 de decembro de 2014.- A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, desenvolve hoxe e mañá en Vigo a súa campaña “Galicia Calidade en ruta”, que está a percorrer as sete cidades galegas con demostracións, talleres e showcookings para achegar a profesionais e consumidores a excelencia dos seus produtos gastronómicos. No acto de inauguración estivo presente a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro.
Cabaleiro defendeu que esta marca é “o mellor pasaporte” das empresas galegas e subliñou que a campaña Galicia Calidade en ruta aposta…
Ver la entrada original 391 palabras más