Todos manifestaron por escrito o interese en participar nesta iniciativa, que consideran imprescindible para complementar a formación dos seus alumnos no eido da reciclaxe
A campaña arranca este mes en diferentes colexios das catro provincias, previndo dar resposta ao conxunto das solicitudes durante todo o curso académico
Grupos de educadores desprazaranse aos centros para impartir charlas informativas, que serán adaptadas aos distintos niveis educativos, e que complementarán con recursos de apoio tales como presentacións en power point, emisión de vídeos, unidades didácticas, pasatempos e xogos
Os alumnos que participen nas distintas actividades serán obsequiados con diferente material divulgativo e de merchandising da campaña
Santiago, 14 de outubro de 2014.- Máis de 250 centros escolares de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional adscribíronse á terceira edición da campaña autonómica Separemos ben, reciclaremos mellor, unha iniciativa educativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Sogama…
Ver la entrada original 685 palabras más