Mañá sábado faremos unha nova edición do «Roteiro das Mouras» pola parroquia de Salcedo (Pontevedra). Unha actividade organizada polo concello de Pontevedra (concellería de Patrimonio) na que visitaremos o recentemente escavado castro do Monte das Croas, os muíños do Batán e do Outeiro e os petróglifos do Mato das Cruces e do Outeiro das Mouras. E por suposto, falaremos de mouras, de mitoloxía, de tradicións e crenzas mentres gozamos da contorna natural do río do Batán.
VISITA GUIADA AO CASTRO E ROTEIRO DAS MOURAS
Sábado 11 de outubro ás 10.30 h
Saída desde o Castro das Croas
Guiado por Rafa Quintía
Distancia aproximada: 6 km
Duración estimada: 3 horas
Información de interese
Asistencia libre, non é necesaria inscrición previa.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, axeitado para andar por camiños de terra, sendas fluviais e pistas forestais. Nalgunhas zonas o terreo pode estar enchoupado.
A actividade podería suspenderse en caso…
Ver la entrada original 8 palabras más
