A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe nunha mesa redonda sobre políticas para o emprego organizadas polo IE Business School
O Goberno galego está a dar un pulo á certificación profesional, o que permitiu acreditar a preto de 38.000 traballadores desde 2009
Esta certificación estase a desenvolver a través de dúas vías: os cursos de formación homologados e acreditados; e o recoñecemento da experiencia profesional
Madrid, 30 de setembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe a necesidade de vincular a formación ás necesidades do mercado laboral e, máis en concreto, aos “xacementos de emprego que existen, non só a nivel autonómico, senón tamén a nivel comarcal e local”.
Así o destacou hoxe durante a súa participación en Madrid nunha mesa redonda sobre políticas para o emprego, organizada polo IE Business School e presidida pola ministra de Emprego, Fátima…
Ver la entrada original 534 palabras más