444 personas retiran cerca de 10 toneladas de residuos de los ríos gallegos

 LIMPIEZA RÍOS GALLEGOS

444 persoas retiran perto de 10 tn de residuos na VII Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos

 Limpeza simultanea de rios 2014. ADEGA-Compostela. red5

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2014

 

Aínda que con ameaza de trebóns nalgunhas zonas de Galiza para esta fin de semana, fomos novamente moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VII Limpeza simultánea de ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.

Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos…). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, lavadoras, frigoríficos e televisións. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado… Algúns dos grupos se adicaron tamén a manter os sendeiros de pescadores.

Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman perto de 10 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta.

A VII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrou este ano en 45 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 57 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, etc.) e tamén 8 concellos que organizan directamente esta actividade en 46 treitos de río.

 Debido as condicións meteorolóxicas, algúns colectivos e concellos adiaron a actividade para o próximo domingo, polo que tamén agradecemos o esforzo que supón convocar dúas veces a mesma actividade.

Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Para esta actividade contamos coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asi como os concellos de A Estrada, Ames, Cambre, Carballo, Cariño, Cuntis,  Fene, Gondomar, Lugo, Muxía, Poio, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Santiago de Compostela e Teo.

Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallou aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://limpeza.proxectorios.org/  onde se especifica que é a limpeza, onde se celebraron, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e financiadores.

Ao longo desta semana publicaremos na web do Proxecto Ríos: www.proxectorios.org e na web específica da limpeza: http://limpeza.proxectorios.org/ un informe coas conclusións finais desta actividade, así como as fotos da xornada da limpeza que aínda estamos a recibir dos grupos participantes.

Queremos agradecer a todas as voluntarias e voluntarios ambientais o seu compromiso cos nosos ríos, un ano máis a sociedade galega Mollouse Polos Ríos!!.

Ate o de agora (15:00h) estes foron os datos recollidos:

 

CONCELLO Colectivo Nº voluntarios/as Río Kg Lixo
A Estrada Asoc. A Xesteira 12 Vea 700
Asociación pola Defensa do Val do Liñares 10 Liñares 40
Ames AAVV San Paio de Lens ADIADA Tambre
Concello de Ames Sen Datos Sar Sen Datos
Antas de Ulla Quercus Sonora 4 Fadal 100
A Merca Asociación Xuvenil Xoldreira 12 Arnoia 30
Allariz CEA o Rexo 9 Arnoia 150
Arteixo ADEGA CORUÑA Sen Datos Barcés Sen Datos
Arzua Asoc. Pescadores do Iso 8 Iso 540
Barro A Barosa 6 Barosa 200
Betanzos Fragas do Mandeo 21 Mendo 260
Cambre Concello de Cambre 14 Mero 200
Cariño Concello de Cariño ADIADA
Carballo Concello de Carballo 3 Rosende 70
Carnota ADEGA Costa da Morte Sen Datos Sen Datos
Cesures Luis Magariños 20  Ulla/Santa Baia Sen Datos
Cospeito Asoc. Revolta Natural ADIADA
Compostela Gentalha do Pichel / Semente 40 Sarela 100
ADEGA-Compostela 12 Corgo 20
Cuntis Asociación cultural o Fervedoiro ADIADA Gallo 20
Fene AETNA Baa 100
17
Asoc. Bétula 20 500
Concello de Fene 6 Cádavo 200
Forcarei C.M.V.M.C. SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS Sen Datos Castro Sen Datos
Verbo Xido Sen Datos Sen Datos
Gondomar A Groba 7 Zamáns e Miñor 1000
Pedraghullo & AAVV Vincios 15 Zamáns 150
Lugo ADEGA Lugo 9 Miño 1000
Mañón Asociación Nordés ADIADA
Marín Grupo Cultural Ronsel Sen Datos Sen Datos
Melide Asoc. Pescadores Río Furelos 6 Furelos e Pambre 70
Mondariz Clube Piragüismo do Tea/Asoc. Búrbida Tea
Muxía Concello de Muxía 17 Castro 40
Neda ASOCIACIÓN NÉBOA MEDIO AMBIENTE ADIADA
Negueira de Muñiz 27113 Comuna S. Coop Galega Sen Datos Navia Sen Datos
Ourense Aula da Natureza Río Miño 6 Miño e Regueira 200
Parada de Sil A Fábrica da Luz 13 Mao 70
POIO Plataforma Veciñal Samieira 21 Frieira 100
Ponteareas Plataf. Pola defensa do Tea 12 Tea 300
Pontevedra Vai polo río 29 Gafos

 

500
Fundación Juan XXIII
Asoc. Xuntos Sindrome de Down
Rianxo Concello de Rianxo 13 Te 60
Rábade AGCT 7 Miño 80
Ribadumia Colectivo Ecoloxista do Salnés 7 Umia 50
Salceda de caselas Asoc. Trezecatorze 28 Caselas/Landres 400
San Sadurniño Concello San Sadurniño Sen Datos Bardaos Sen Datos
Sarria Asoc. Cultural Crearte 24 Sarria 500
Teo Asociación Carballeira 15 Tinto 1000
Tomiño Asociación Trankllada ADIADA
Salvatera de Miño Asoc. Lazoiro 6 Tea 250
Verín Asoc. Centro Desarrollo Rural Portas Abertas 7 Támega 150
TOTAL   444 46 9.100

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s