Os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo destacaron a colaboración entre os medios autonómicos e as forzas e corpos de Seguridade do Estado, así coma o Exército
Nas zonas de especial vixilancia da provincia realízanse accións de control, disuasión e investigación
Recordaron que a partir do 1 de xullo e ata o 30 de setembro está prohibido facer queimas en toda Galicia, “sen excepcións”
Pontevedra, 9 de xullo de 2013.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a delegada territorial en Vigo, María José Bravo Bosch, presidiron esta mañá, na planta novena do Edificio Administrativo da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, o Comité de Coordinación Policial Contra Incendios de cara a posta en marcha de actuacións conxuntas para previr os lumes e loitar contra a actividade delituosa incendiaria.
Na xuntanza estiveron tamén presentes membros da Xefatura Territorial de Medio…
Ver la entrada original 505 palabras más