Indicadores demográficos Galicia
martes, 01 julio 2014, 11:18, por
Porcentaxe de poboación segundo o ámbito xeográfico
Este decrecemento [da poboación] vén acompañado dunha continua diminución no peso relativo da poboación de Galicia con respecto á poboación total de España. Se no ano 2003 a poboación galega representaba o 6,5% da poboación española, no ano 2013 esta porcentaxe diminúe ata o 5,9%.
En canto á distribución da poboación de Galicia nas catro provincias, Lugo e Ourense continúan a perder representatividade mentres que A Coruña e Pontevedra seguen aumentando a proporción de poboación.
A dispersión característica da poboación galega pode cuantificarse mediante adensidade de poboación, que mide o número de habitantes por cada quilómetro cadrado de superficie do territorio. A comparación dos mapas de densidade de poboación no tempo reflicte o despoboamento que se está a producir en moitos concellos de Galicia:
Outra característica da poboación galega é que está inmersa nun proceso de envellecemento que afecta a toda Europa. A idade media da poboación no caso galego continúa a incrementarse ano tras ano:
Idade media da poboación o día 1 de xaneiro
Anos
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
Na estrutura por idades da poboación galega pódese comprobar o proceso de envellecemento: diminúe o peso do grupo de individuos de menores de 20 anos e increméntase o de 65 e máis anos:
Ano 2003
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
Para a análise máis específica do proceso de envellecemento úsase o índice de envellecemento, que calcula o número de persoas de 65 ou máis anos por cada 100 persoas menores de 20 anos. Desde o ano 1975 o seu continuo incremento reflicte a velocidade de envellecemento da poboación de Galicia nos últimos anos, superior no caso das mulleres:
Índice de envellecemento. Galicia
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
Outro indicador, o índice de sobreenvellecemento, mostra como está estruturado o grupo de 65 ou máis anos: calcula que porcentaxe representa a poboación de 85 ou máis anos sobre o grupo de 65 ou máis anos.
Índice de sobreenvellecemento. Galicia
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
Unha das preocupacións que xorden a raíz do envellecemento dunha poboación é como se incrementa a denominada poboación en idade potencialmente dependente, que engloba á poboación menor de 15 anos e a de máis de 64 anos, con respecto á poboación en idade potencialmente activa, que inclúe á poboación de entre 15 e 64 anos. O IGE calcula tres indicadores para estudar estas proporcións:
-
O índice de dependencia global, que relaciona á poboación menor de 15 anos e a de 65 ou máis anos con respecto á poboación de entre 15 e 64 anos, desde o ano 1975 diminuía lixeiramente ata que no ano 2008 empeza a incrementarse:
Índice de dependencia global. Galicia
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
-
O índice de dependencia xuvenil, que relaciona á poboación menor de 15 anos con respecto á poboación entre 15 e 64 anos, caracterízase na actualidade ademais de pola súa estabilidade, por non presentar grandes diferenzas entre sexos:
Índice de dependencia xuvenil. Galicia
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
-
O índice de dependencia senil, que relaciona á poboación de 65 ou máis anos con respecto á poboación entre 15 e 64 anos, en cambio si que está caracterizado polo seu incremento continuado e pola diferenza que existe entre ambos sexos:
Índice de dependencia senil. Galicia
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
O IGE estuda a composición do colectivo de poboación en idade potencialmente activa cos seguintes indicadores:
-
O índice de estrutura da poboación en idade activa, que relaciona a poboación de entre 40 e 64 anos coa poboación de entre 15 e 39 anos, mantiña certa estabilidade ata o ano 2000, pero presenta un importante crecemento a partir dese ano:
Índice de estrutura da poboación en idade activa. Galicia
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
-
O índice de recambio da poboación en idade activa, que compara o colectivo que sae da poboación en idade potencialmente activa, os individuos de 60 a 64 anos, co grupo de poboación que entra na poboación en idade potencialmente activa, as persoas de 15 a 19 anos; este indicador experimenta un incremento moi considerable a partir do ano 2004 e segundo o último dato dispoñible, correspondente ao ano 2013, sitúase nun valor de 157,7: é dicir, por cada 100 persoas de entre 15 e 19 anos hai máis de 157 persoas de 60 a 64 anos.
Índice de recambio da poboación en idade activa. Galicia
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
Existen grandes diferenzas entre concellos no referente á taxa bruta de natalidade:
Concellos con maiores e menores taxas brutas de natalidade
Nacementos por mil habitantes
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
Un indicador amplamente utilizado é o denominado Índice sintético de fecundidadeou número de fillos por muller, obtido como a suma das taxas específicas de fecundidade das mulleres en idade fértil (de 15 a 49 anos); no ano 2012 cifrouse en 1,1 fillos por muller para Galicia.
Concellos con maiores e menores índices sintéticos de fecundidade
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
A idade media á maternidade, calculada como a media aritmética das idades ás que as mulleres teñen os fillos, ponderada polas taxas específicas de fecundidade de cada grupo de idade, situouse no ano 2012 nos 32,1 anos:
Idade media á maternidade
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
Concellos con maiores e menores taxas brutas de mortalidade
Defuncións por mil habitantes
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
A esperanza de vida ao nacer en Galicia, estimación do promedio de anos que viviría unha persoa nacida no ano de referencia no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia, alcanzou no ano 2012 os 82,4 anos:
Esperanza de ao nacer. Galicia
Anos
Esperanza de vida ao nacer. Galicia
Anos
Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)
A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia, neste caso estimación do promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 65 anos no ano de referencia no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia, chegou no ano 2012 aos 21,1 anos: