CCOO CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN POLA REPÚBLICA
martes, 17 junio 2014, 11:02, por
SOCIEDADE
CCOO CHAMA AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA COMARCA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN POLA REPÚBLICA
A Comisión Executiva da Unión Comarcal de CCOO de A Coruña, chama a participar na manifestación “Pola República e o dereito a decidir” convocada para mañá día 19 de xuño que sairá da Casa do Mar as 8 da tarde
18-06-2014.- A pesares de non concordar coa literalidade do texto do manifesto das organizacións que convocan. CCOO entende que é necesario avanzar cara un novo marco constitucional que contemplando a situación actual, notablemente distinta da do ano 1978, aborde os elementos centrais da vida da cidadanía.
CCOO entende que é necesario avanzar cara a un novo marco constitucional que contemplando a situación actual, notablemente distinta da do ano 1978, aborde os elementos centrais da vida da cidadanía.
É preciso acordar colectivamente a estruturación territorial do país e afrontar a forma do Estado de maneira que as decisións sobre a monarquía hereditaria ou a alternativa republicana sexan tomadas sen as presións existentes no debate constitucional na saída do franquismo.
Necesitamos, porque á maioría social nos vai moito no que acordemos, que os servizos públicos esenciais: a sanidade, a educación, as proteccións diante do desemprego, a dependencia e a exclusión, queden garantidos constitucionalmente. Isto implica necesariamente a supresión da reforma do artigo 135 aprobada polo PP e o PSOE, que ao ditado da “Troica” puxeron a devolución da débeda aos poderes financeiros por diante da cobertura das necesidades da cidadanía.
Tamén o traballo ten que ser un dos eixes do cambio constitucional que deberá garantir que telo é un dereito fundamental e que ten que ser retribuído con suficiencia para que calquera familia poda vivir decentemente.
Reforzar os dereitos e liberdades democráticos terán que ser elementos transversais que percorran o novo texto constitucional que España precisa nestes tempos.