Máis de 330 voluntarios participan este ano neste programa que organizan as direccións xerais de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, e de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
O obxectivo principal é o de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada
Entre outros traballos, poden colaborar na retirada dos restos que arrastran os temporais, na erradicación de especies alóctonas, en apoio as tarefas de guías e información ou na adecuación de camiños
Ribeira (A Coruña), 9 de xuño de 2014.- Máis de 330 voluntarios participan este ano no programa de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas, en Sálvora e Cortegada, que organizan as direccións xerais de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, e de…
Ver la entrada original 507 palabras más