- Trátase dunha resolución que autoriza en solo rústico a ampliación das instalacións en 460 m2
- Esta decisión tomase en base á disposición transitoria cuarta da Lei do Solo que permite manter o uso autorizado e poderán executarse obras de mellora e reforma das instalacións
Santiago, 15 de xaneiro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, vén de conceder a empresa Matadero xeral frigorífico Baixomiño, S.L a legalización e ampliación do matadoiro e sala de despeces no lugar do Lago- Figueiro- Ameales, no termo municipal de Tomiño. Na documentación remitida explicase que a actuación para a que se solicita a autorización consiste na regularización de 1.499,59 m² e na ampliación de 460,92 m² de matadoiro e sala de despeces en matadoiro existente.
Ver la entrada original 257 palabras más