El fuego se lleva por delante 300 hectáreas en Prado de Limia

NUEVO GRAN INCENDIO

ESTABILIZADO O INCENDIO FORESTAL NO CONCELLO OURENSÁN DE MUÍÑOS, PARROQUIA DE PRADO DE LIMIA

 

  • Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie afectada é de arredor de 300 hectáreas
  • O lume afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago, 11 de decembro de 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que está estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia.

O lume iniciouse ás 19:05 horas de onte martes e segundo as estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, afecta a unha superficie de arredor de 300 hectáreas, parte delas están dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Nos traballos de control deste incendio levan participado 8 axentes forestais, 16 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 1 helicóptero e 2 avións.

CONTINÚA ACTIVO O INCENDIO FORESTAL NO CONCELLO OURENSÁN DE MUÍÑOS, PARROQUIA DE PRADO DE LIMIA

 

  • Segundo novas estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie afectada é de arredor de 300 hectáreas
  • O lume afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
  • Á zona desprazáronse a directora xeral de Conservación da Natureza e o subdirector de xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais

Santiago, 11 de decembro de 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que continúa activo o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia.

O lume iniciouse ás 19:05 horas de onte martes e segundo as últimas estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, afecta a unha superficie de arredor de 300 hectáreas, todas elas dentro do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

Nos traballos de control deste incendio levan participado 8 axentes forestais, 14 brigadas, 8 motobombas, 3 pas e 2 avións.

Ata a zona afectada desprazáronse a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e o subdirector xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, Miguel Cela, quen declarou en relación con este lume que “aínda que estamos en temporada baixa de risco de incendios, o risco existe e as imprudencias ou as ganas de facer dano é evidente que tamén”.

Por iso, engadiu, “pedimos sempre á cidadanía implicación, coidando ao extremo calquera acción no monte en calquera época do ano e implicación denunciando calquera comportamento anómalo que poidan ver no monte”.

O subdirector puntualizou que “é evidente que os medios en época de alto risco e baixo risco son diferentes, pero dada a problemática concreta que se presenta na nosa Comunidade Autónoma, Galicia conta cun operativo fixo que está operativo durante todo o ano. Un operativo que se deseña anualmente, que recolle o Pladiga e que é público na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar”.  Advertiu ademais que “en decembro hai máis de 2.200 persoas dedicadas ao operativo de extinción e prevención, ademais de varios medios entre os que se atopan arredor de 200 motobombas e un helicóptero”.

 

¿Y tú qué opinas de esto?