Fai uns meses presentabamos a nova feira de arte contemporanea Cuarto Público, agora que está a piques de comezar entrevistamos ás suas directoras Patricia Amil, Xulia Santiso e Paula Cabaleiro:
Cuarto Público é a primeira feira de este tipo que se celebra en Galicia, ¿Como xurdiu este proxecto?
O proxecto era necesario. A acción era necesaria.
Por un lado dunha inquedanza, había que contribuír a dinamizar o panorama cultural. Ao presentar esta feira estamos axitando este panorama.
Por outro a necesidade de darlle osíxeno ao mercado da arte.
E por ultimo -case ao primeiro- polo coñecemento das persoas axeitadas, somos un equipo produtivo que se complementa á perfección, cunha capacidade de traballo moi grande, pero que nunca deixa de lado o corazón, incluso a alma. Esteban Iglesias, o director do hotel NH OBRADOIRO era a pata que faltaba a esta mesa. A súa receptividade e sensibilidade coas propostas que lle…
Ver la entrada original 533 palabras más
