Todos los viernes: «Compostela non merece este goberno»

POLÍTICOS BAJO SOSPECHA

CONCENTRACIÓN NA PRAZA DE GALIZA BAIXO O LEMA “COMPOSTELA NON MERECE ESTE GOBERNO”

 

 

Compostela, 15 de novembro de 2013.

 

Organizacións sociais, políticas e sindicais convocan unha concentración simbólica con repartos informativos para hoxe venres, día 15 de novembro ás 12:00 horas na Praza de Galiza baixo o lema “Compostela non merece este goberno”.

Denuncian a situación xudicial do equipo de goberno do PP en Compostela, no que 10 dos 13 edís están imputados en diferentes causas. As organizacións convocantes (Anova, AGIR, BNG, Briga, Causa Galiza, CIG, Comités, EU, FRUGA, Galiza Nova, Gentalha do Pichel, Isca!, Liga Estudantil Galega e Nós-Up) demandan a dimisión do alcalde, Ángel Currás; a inmediata disolución da corporación municipal e a urxente convocatoria de eleccións.

Representantes das organizacións convocantes anuncian que repetirán esta concentración todos os venres do mes de novembro á mesma hora e no mesmo lugar.

¿Y tú qué opinas de esto?