«La ruinosa SOGAMA encarecerá un 34% la factura de la basura para 2,3 millones de personas»

RUINOSA SOGAMA

A ruinosa SOGAMA encarecerá un 34% a fatura do      lixo para 2,3 millóns de persoas e seguirá envelenando a vida de      toda a cidadanía

Malia ao fracaso da incineración, o PP teima en      mantelo para garantir as plusvalías de GN-Fenosa

A SOGAMA non lle saen as contas: Rajoy eliminou as primas das      renovábeis e afundíu o negocio da biomasa. Mais GN-Fenosa non      renuncia aos réditos da incineración, polo que o PP subirá un 34%      o lixo para compensala. As eléctricas sempre gañan!

A cidadanía, pagana das veleidades incineratorias do PP

sogamaSOGAMA, que xestiona 82% dos refugallos urbanos do país mediante      a incineración e o vertido, veu reducidos os ingresos que obtén      pola venda da electricidade nuns 13 millóns de € cada ano logo de      que Rajoy subira o gravame e eliminara as primas ás renovábeis.
Porén, a outra «parte contratante» de SOGAMA, GN-Fenosa (49% da      sociedade) non quere aceitar unha baixada nos réditos da      incineración. A solución da Xunta é ben doada: Aumentar a factura      do lixo un 34% para 2,3 millóns de galegos/as. Outra volta, é a      cidadanía a que ademais de ter que aturar a contaminación de      SOGAMA, vai tapar os seus buracos financeiros pagando do seu peto      as «perdas» da eléctrica.
A estratexia da Xunta-SOGAMA nestes anos foi a de fixar un prezo      político para o tratamento do lixo e poder así competir      artificialmente cos sistemas alternativos baseados na compostaxe.      Estes sistemas, como o da Mancomunidade do Barbanza baseados na      redución e na compostaxe, aliás de ser máis ecolóxicos, supoñen un      maior aforro para os cidadáns e os concellos.
Por moito que a propaganda intoxicadora da Xunta apresente a      SOGAMA como a opción máis «barata», a realidade é que nunca o      foi… e agora moito menos. Porén, como se pode valorar as consecuencias sobre o ambiente e a saúde da        poboación galega da contaminación xerada por SOGAMA durante      décadas?
Como vai explicar o Sr. Hernández a uns asfixiados concellos que      sube o recibo do lixo un 34% para cadrar as contas de SOGAMA, en      troques de promover outros sistemas máis baratos e ecolóxicos?
ADEGA insta aos concellos e deputacións galegas a rebelarse contra      a ditadura de SOGAMA e «desengancharse» da incineración: Pódese      sair deste sistema perverso apostando por modelos descentralizados      ou mancomunados que xestionen os refugallos con tecnoloxías      sinxelas, baratas e ecolóxicas.

Dende ADEGA poñemos ao dispor dos concellos toda a información e      documentación que SOGAMA tentou agochar durante décadas para que      comproben a viabilidade económica (e ecolóxica) dos modelos      baseados na redución, a recuperación, a reciclaxe e a compostaxe      da materia orgánica a nível municipal.

¿Y tú qué opinas de esto?