¿Colón gallego? E logo?

 

¡QUÉ POYO!

(No, no es falta de ortografía: vean el vídeo)

O documental da TVG “Colón galego?”, que pescuda nas teorías sobre a orixe do descubridor, preséntase este mércores en Pontevedra

martes, 08 octubre 2013, por Radio Televisión de Galicia (RTVG)

Santiago, 09.10.2013.- O documental “Colón galego?” preséntase este mércores, ás 20.00 horas, en Pontevedra. Producido por ComunicArte para a Televisión de Galicia e dirixido por Ángel Peláez, indaga en todas as teorías e estudos que existen, desde principios do século XX ata a actualidade, sobre a orixe galega de Cristóbal Colón.

Nesta produción interveñen prestixiosos historiadores e expertos no tema, como Cristóbal Colón de Carvajal y Gorosábel, descendente do descubridor, Rodrigo Cota, Fernando Alonso Conchouso, Ramón Villares, Xosé Fortes, Rafael López Latorre e José Basanta, entre outros.

“Colón galego?” foi gravado en distintas localizacións de Pontevedra, Baiona, Santiago, Museo Naval de Madrid, Casa Museo de Colón de Poio e Mosteiro de Poio.

¿Y tú qué opinas de esto?