Add your thoughts here… (optional)
O vindeiro luns día 7 de outubro cúmprese o peor dos nosos prognósticos: Sandra será desafiuzada polo seu ex-marido da que foi a súa casa familiar, a súa e agora tamén, a do seu fillo. A historia de Sandra, como a de tantas e tantas mulleres, comeza cunha relación sentimental, cun vouche axudar, cun quérote… Aos poucos a situación deteriórase e empeza o acoso, o maltrato, os golpes… As leis, esas leis das que din discriminar aos homes, non amparan nin a Sandra nin ao seu fillo. A xustiza, coma sempre, vólvese xorda, cega e muda e coopera co agresor para que execute a súa vinganza. Déixaa sen a súa casa.
Sandra non é de Cabanas, Sandra e o seu fillo viven nunha casa que herdou dun familiar. O seu ex-marido si que é de Cabanas; o seu ex-marido si ten boas relacións co…
Ver la entrada original 151 palabras más