Adega exige al gobierno la declaración de “zona catastrófica” por el fuego

 

RECLAMACIONES ADEGA

Zona        catastrófica para Carnota e Parque Natural no Pindo XA!

Prioridades após do lume: Reparar os danos sociais e ambientais

Perante os graves danos en propiedades e facendas causados polo      devastadoir incendio que está a afectar aos núcleos próximos ao      macizo do Pindo, ADEGA esixe do governo a declaración de “zona        catastrófica” para os lugares e parroquias afectadas.      Deste xeito, poderanse compensar rápidamente as perdas e recuperar      o pulso social e económico após o terríbel lume que devorou centos      de propiedades, afectando a vivendas e acabando con cultivos,      pastos, alvarizas, instalacións agrícolas, etc.
Igual de importante é actuar de contado para conter as      consecuencias da erosión e os arrastres de materiais sobre os      terreos queimados. A construción de barreiras anti-escorrentía e      outras medidas para a fixación do chan, como a sementeira de      herbáceas de crecemento rápido, urxen denantes de que as primeiras      choivas causen unha nova catástrofe polas avenidas, contaminen as      augas e causen a morte dos bancos marisqueiros. Os colectivos que      participamos na coordenación do Voluntariado en Defensa do Monte,      criado após da vaga de lumes de 2006 e suprimido dun plumazo por      Feijóo, temos ampla experiencia nestes labores. Esiximos da Xunta      que cando menos, se non sabe ou non quere poñer en marcha estas      medidas, que dote dos medios á cidadanía e ás organizacións      sociais para facelo nós.

Agora máis que nunca, Monte Pindo Parque Natural xa!

Agora xa non hai excusa para que a Xunta declare o Monte Pindo      parque natural: Os seus valores paisaxísticos, xeolóxicos,      patrimoniais e ecolóxicos precisan de medidas urxentes e activas      para para se recuperar.
É ademais unha medida longamente agardada pola cidadanía da Costa      da Morte e de Galiza en xeral após de 10 anos de seca sen que a      Xunta declarara ningun parque natural. Xa que logo, merecémolo ben      e precisámolo para así contarmos con recursos importantes tanto      para a conservación do espazo como para a promoción de iniciativas      económicas sustentábeis e de futuro na súa área de influenza.

Mensaxe ao Conselleiro de Medio Ambiente e á de Medio Rural

Sr. Hernández e Sra. Quintana: O abandono institucional alimenta      tamén os lumes. Dende ADEGA responsabilizámolos directamente: Nen      fixeron nen deixaron facer no Pindo, e hoxe vemos as      consecuencias. Só lembrarlles as verbas do seu xefe de filas, o      Sr. Núñez Feijóo que en 2006, en plena vaga de lumes preguntábase      coa mangueiriña na man: “Canto do queimado se debe aos pirómanos e      canto a imprevisión, indolencia e irresponsabilidade do goberno?”

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s