Grifo

Add your thoughts here… (optional)

Avatar de @cequelinhosDúbidas do galego

Se ides a calquera zona onde haxa viño e parades unha persoa da veciñanza para lle preguntar como lle chama ao aparello provisto dunha chave que serve para extraer líquido dunha cuba, seguro que, automaticamente, di “billa”. Mais se sinalades semellante dispositivo, xeralmente feito de metal e plástico, que se atopa en lavadoiros e outros recipientes, con moita probabilidade, esa mesma persoa dirá, automaticamente tamén, “grifo”. Mesmo instrumento, dous nomes. O galego oral éche coma a China, un mesmo idioma, dous rexistros: o de sempre, cun léxico autóctono, o novo, aínda que no fondo sexa a mesma cousa, en castelán.

En calquera contexto, o instrumento que serve para controlar o paso da auga mediante unha chave recibe o nome na nosa lingua de billa. Esta é unha das poucas palabras prerromanas que conservamos. Os entendidos aseguran que o étimo orixinal tamén se empregaba noutros países da área céltica, caso das…

Ver la entrada original 138 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?