Sen embargo

Add your thoughts here… (optional)

Avatar de @cequelinhosDúbidas do galego

Admitido pola normativa galega até o 2003, considerouse forma impropia logo da aprobación da normativa de consenso. Desde ese momento desaparecen da lingua estándar, ademais, nembargantes e nembargante. Substitúense por non embargante.

De todos os xeitos, todas as formas de locución conxuntiva adversativa baseadas no substantivo embargo considéranse importadas. Embargo non é unha palabra vella no idioma galego e si no castelán, onde antigamente equivalía a incomodidade, de aí o de “sin embargo”.

A forma culta máis usada para ese significado é non obstante. Mais coa normativa de consenso dúas locucións “novas” se tomaron do portugués: no entanto e porén.

Loxicamente, ao se introduciren hai tan pouco, o seu percorrido é curto mais xa se nota, especialmente na lingua escrita, tanto en xornalismo coma na industria do libro.

Aquel pacto do 2003 foi decisivo para unir ao redor dunha norma común a forma correcta de escribir e falar a nosa…

Ver la entrada original 109 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?