El corazón de Galicia, con un desempleo “dramático”

PROTESTAS POR PARO

Convoca manifestacións para o vindeiro día 12 de xuño, en Ribeira, ás 20:00 con saída da Praza do Peixe e en Compostela, ás 20:30 horas, con saída da Praza Roxa

A CIG de Compostela alerta da “dramática” situación de desemprego de Santiago e comarca

 

A Executiva comarcal da CIG de Compostela comparecía esta mañá en pleno, en rolda de prensa, para evidenciar a preocupación da central sindical polo desemprego tanto en Santiago como na comarca. Unha situación que o secretario comarcal, Anxo Noceda cualificou como “dramática” e que considerou que empeorará ao remate da tempada de verán. De feito, e lonxe de ver “brote verde” algún, afirmou que os datos de paro rexistrado no mes de maio son os segundos peores da serie histórica desde 2007.

 

Malia o triunfalismo co que se avanzaron os datos de paro rexistrado do mes de maio, a CIG de Compostela considera que lonxe de ser un bo dato o que se constata é que é o segundo peor da serie histórica desde o ano 2007. Así o explicou Noceda, quen lembrou que historicamente e segundo a curva estacional, os meses de abril, maio e xuño (aos que hai que engadir marzo cando coincide neste mes a Semana Santa) son os que experimentan sempre as maiores baixadas do paro.

 

Tal é así que en 2007 o descenso do paro en maio foi do 7% e a partir de aí e en plena crise, todos os anos o descenso foi de arredor do 3%. Todos agás este, no que descenso do desemprego foi dun tímido 2,41% na cidade de Santiago. Unha porcentaxe que só foi peor en maio de 2012, cun descenso do 2,14% . E malia iso, o desemprego medrou un 3% entre maio do 2012 e o deste ano.

 

Atendendo a estes datos e tendo en conta tanto a evolución do emprego dos últimos anos, como as políticas laborais e de recortes que se están a pór en marcha, a Executiva comarcal da CIG alertou que lonxe de mellorar a situación, esta empeorará a partir dos meses de outubro e novembro, con especial incidencia no mes de xaneiro.

 

A súa previsión coincide coa advertencia que facían hai xa un ano polas mesmas datas e ante porcentaxes semellantes. Daquela a CIG denunciaba a dramática situación na comarca e debuxaba un panorama desolador, se non se lle poñía remedio e non se adoptaban medidas a nivel institucional, desde o goberno central, da Xunta de Galiza ou desde os concellos, nomeadamente o de Compostela, para enfrontar esta grave situación.

 

A previsión que hai un ano facía a CIG finalmente se fixo real. De feito, segundo os datos da EPA, Santiago sitúase como a segunda cidade con máis paro de Galiza, cun 27% e só por detrás de Ferrol. O número de desempregados/as neste primeiro trimestre, segundo o paro rexistrado era de 10.000 persoas desempregadas e segundo datos EPA, situábase en máis de 13.000, “co que isto significa nunha cidade que non chega aos 100.000 habitantes”, matizou Noceda.

 

Noceda denunciou ademais a despreocupación do PP no concello de Santiago por este problema porque, dixo, “están máis preocupados polas súas lerias na corrupción e en botarse as culpas uns aos outros”. Despreocupación que fixo extensiva ao resto dos concellos da comarca nos que “chama a atención que desde ningunha das institucións, de ningún concello,  se teñan adoptado medidas na liña de reverter esta situación”ou que teñan “levantado a voz para indicarlle ao goberno do Estado ou da Xunta que as súas políticas están conducindo a este debuxo, que é dramático”.

Ante isto, a Executiva comarcal da CIG de Compostela fixo un chamamento a todas as persoas que compartan a preocupación pola desastrosa situación laboral da comarca para que se sumen á manifestación convocada para o vindeiro día 12 de xuño, ás 20:30 horas, con saída da Praza Roxa.

 

A CIG está a contactar con diferentes organizacións tanto da cidade como da comarca: asociacións de veciños, organizacións estudantís, do pequeno comercio e hostalería para que tamén se sumen e demanden medidas que permitan paliar esta situación, recuperar a economía da comarca e xerar emprego.

 

 

A economía do Barbanza en perigo de desaparición

Do mesmo xeito, Xan García, responsábel da Unión Local das Rías (Barbanza e Muros-Noia) fixo un chamamento a participar na manifestación convocada en Ribeira para ese mesmo día, ás 20:00 horas, con saída da Praza do Peixe.

 

García lembrou que, a diferenza do resto, o tecido produtivo desta zona baséase na conserva, do que dependen directamente 3.000 postos de traballo e denunciou que se non se adoptan medidas “a comarca do Barbanza desaparece do mapa, economicamente falando”.

 

De feito alertou que o futuro que se albisca para o sector é “negro”, por mor da externalización de procesos produtivos como o da limpeza de peixe. “Hai empresas que recibiron fondos públicos e que están a montar factorías en países como a República do Salvador, Guatemala, con salarios que xa nos podemos imaxinar”, dixo. Isto está a provocar a entrada de peixe a uns custos moi baixos, co cal non se precisa man de obra para semi-elaborar ese produto.

 

A maiores denunciou que está na carteira da UE un Tratado de Libre Comercio con países do sudeste asiático, como Thailandia, onde un operario de limpeza de peixe cobra 7 euros ao mes. “Evidentemente diante desta competencia desleal que se vai dar xa estamos notando como empresas e factorías grandes xa non están contratando xente temporal nin a fixos-descontinuos”, advertiu.

 

De feito, e a modo de exemplo, lembrou que nas últimas semanas unha empresa como FRINSA prescindiu, de golpe, de 300 persoas. E isto ocorre nunha zona –o Barbanza- na que, segundo datos oficiais había, a 31 de decembro de 2008, 7.797 parados/as e a 30 de abril deste ano 10.660.

 

García considerou que os datos de maio, que supuxeron a creación de algo máis de 120 postos de traballo,“comparativamente non teñen ningún tipo de incidencia” cando os índices de desemprego nos que se move a comarca don de entre o 24 e 26% de paro. E máis cando os postos de traballo que se crearon foron, “50 no sector da construción, polo típico arranxo de verán e o resto algo en hostalería e nos típicos contratos de socorristas, limpeza de praias, contratos indefinidos practicamente ningún”.

 

Compostela, 6 de xuño de 2013.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s