Add your thoughts here… (optional)
Aquela fría mañá de abril do 1994 o tren parou con puntualidade alemá na súa estación de Oranienburg. Saín á rúa e alí mesmo collín un autobús que me deixou moi perto do meu destino. Baixei do vehículo e encamiñei os meus pasos cara o campo de concentración de Sachsenhausen, na Alemaña do Leste, apenas a 30 km de Berlín, a Welthauptstadt Germania soñada por Hitler. O frío, como unha broma macabra, facía que o meu alento arremedase o fume que algún día saíu dos fornos crematorios daquel campo construído polos nazis en 1936 para confinar e exterminar a opositores políticos, socialistas, xudeus, xitanos, homosexuais e tamén exiliados republicanos españois.
Un campo polo que pasaron máis de 140.000 persoas e do que moitos miles (cando menos 30.000) non saíron xamais. Un campo que sería reutilizado polos soviéticos ata o 1950 como campo de prisioneiros onde recluíron a militares alemáns, funcionarios…
Ver la entrada original 642 palabras más

