La CIG exige la dimisión del concejal compostelano Juan de la Fuente por acoso continuado a un funcionario municipal

ACOSO  SANTIAGO

De non o facer na vindeira semana levará toda a documentación da que dispón á Fiscalía Anticorrupción

A CIG exixe a dimisión do concelleiro compostelán Juan de la Fuente por acoso continuado a un funcionario municipal

A sección sindical da CIG no concello de Santiago convocaba esta mañá unha rolda de prensa para darlle ao funcionario municipal Miguel Vilariño, a posibilidade de explicar a situación de acoso continuado na que se atopa e que vén padecendo desde que o Partido Popular chegou ao goberno da cidade de Santiago. Xabier Picón, responsábel da sección sindical da CIG do concello denunciou que nos últimos días o concelleiro Juan de la Fuente puxo en cuestión a súa “profesionalidade e honorabilidade”. Por iso exixiu a súa inmediata dimisión e anunciou que, de non facelo nunha semana, a central sindical presentará toda a documentación da que dispón ante a Fiscalía Anticorrupción.

Miguel Vilariño comezou a súa andaina como funcionario do concello de Santiago hai 30 anos na área de Urbanismo, logo pasou ao Padrón e nos últimos 14 anos traballou no departamento de Participación Cidadá.

Segundo el mesmo explicou, coa entrada do PP no goberno municipal, en novembro do 2011 tiña esperanzas de formar un equipo de traballo con Francisco Javier Noya, concelleiro delegado de Relaciones Institucionais, Participación Cidadá, Centros Socioculturais e Festas, xa que viña dunha asociación veciñal e coñecía a dinámica e as necesidades desta área. Porén, unha vez tomou posesión, “a sintonía durou unha semana”, explicou Vilariño.

O primeiro que fixo o recén nomeado concelleiro foi retiralo de Secretario do Consello de Relacións Veciñais, o que lle comunicou verbalmente, e a partir de aí se lle foi restando carga de traballo “sen razón aparente”, explica, “coincidindo coa falta de actividade, proxectos ou programas a prol da participación cidadá desa concellaría”.

Vilariño afirma que o retiraron da tramitación de expedientes de subvencións e que mesmo “prohibíronme informar do rexistro de asociacións, impuxéronme que respondera con negativas non razoadas ás solicitudes de uso da Casa das Asociacións de Cornes a determinadas entidades culturais”.

Para o funcionario municipal o cumio deste proceso foi o primeiro decreto da Xunta de Goberno, polo que é trasladado a outra dependencia, cun horario totalmente distinto e cunha antelación de apenas tres días.

Lembra que o decreto anterior, aprobado con data de 24 de setembro de 2009, apuntaba ao bo funcionamento e axilidade na prestación do servizo, porén a realidade era totalmente contraria, “quedando eu a partir de entón sen apenas atribucións ou funcións”. Miguel Vilariño, que presentou uns informes que así o acreditan, deu conta en varias ocasións á concelleira de persoal desa situación.

Neste novo posto comezou o pasado mes de outubro o prazo de presentación de solicitudes de subvencións a entidades veciñais e tratando de axudar a cubrir impresos dunha delas, asegura que detectou “faltas e omisións que impedían continuar a tramitación” e así llo fixo saber a quen os presentou. “Ao pouco, recibín a chamada de Juan de la Fuente para insultarme, ameazarme e coaccionarme con frases como “gilipollas” “mamón de merda”, “ti non tes que corrixir ningunha das solicitudes porque mando eu, ten coidado de non interferir, non tes que informar de que faltan trámites ou papeis sen cubrir e tes que facer o que nos che mandamos que para iso che pagamos”. Todo isto o dicía en presenza de Fran Noya pois díxome que estaba con él cando recibín a chamada”, explicou.

Ante isto, relatou que, de contado, informou aos superiores xerárquicos, á alcaldía, a concelleira de persoal e que aínda, a día de hoxe, agarda unha resposta ou rectificación.

No canto diso, o que recibiu foi un segundo decreto que o trasladou a un posto de traballo diferente, quedando a área de participación cidadá sen ningún traballador ou funcionario. “Todo o ocorrido foi facendo mella no meu ánimo e na miña dignidade como traballador do Concello”, por iso recorreu a asesoramento sindical e legal e denunciou estes feitos “porque entendo que se trata dun acoso ou “moobing” reiterado cara a miña persoa, sen mencionar que me doe moito que o departamento ao que lle dediquei moitos esforzos quede completamente abandonado”.

Porén o peor, explicou, aínda estaba por chegar. “Teño que soportar o que está sucedendo nos últimos días: que manipulen á opinión pública dicindo que ando filtrando documentación (cousa que sei está penada) ou que as miñas denuncias teñen un fondo ideolóxico por terme presentado en eleccións municipais en listas do BNG, cousa certa e non 1 senón ata en 5 ocasións na época de Encarna Otero”.

E ante a acusación de ter filtrado información afirmou que “nego rotundamente desde aquí a filtración á prensa das facturas de que estes días se está a falar”.

O pasado 27 de febreiro presentou no rexistro un recurso sobre este segundo decreto de traslado a outra dependencia e anunciou que é posíbel que presente unha demanda para protección de dereitos fundamentais.

A este respecto Xavier Picón explicou que pode haber unha vulneración dun dereito fundamental porque non se pode pór en cuestión a un funcionario polo feito de ter participado nunha candidatura e lembrou que tampouco se poden fundamentar os seus traslados en falta de confianza porque “o seu non é un posto de confianza, non é de libre designación, é un posto da RPT e, polo tanto, non debe ser movido ao antoxo de ningún responsábel político”.

Por iso, o representante da sección sindical da CIG no concello compostelán, alén de demandar a dimisión do concelleiro de Obras, Juan de la Fuente, exixiu tamén unha rectificación do concelleiro Francisco Noya, por teren acusado a Vilariño de oportunismo político.

Picón foi taxativo denunciando que as declaracións que se están a facer demostran a existencia de acoso e Vilariño tamén, ao afirmar que “o que quero é traballar, pero quero traballar no meu posto de traballo que é na área de participación cidadá”.

Compostela, 1 de marzo de 2013

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s