AGE y BNG acusan a Feijóo de llevar a cabo un ERE encubierto en la Xunta de Galicia

Grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda

ERE ENCUBIERTO

AGE acusa a Feijoo de mentir ao dicir que estaba obrigado a reducir salarios para non despedir e agora anuncia un ERE encuberto en Traballo

  • O deputado parlamentar, Juan Manuel Fajardo, asegura que “o PP está ferindo de morte ao Parlamento” coas súa actuación anunciando despedimentos na consellería de Traballo e unha modificación dos orzamentos cando aínda non están aprobados

  • Destacou o feito de que mentres a uns os van a despedir a outros lles garanten o posto de traballo como e o caso dunha persoa cun vínculo de carácter consanguíneo co presidente da Xunta

Santiago de Compostela, 15 febrerio de 2013.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda acusa ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, de mentir en campaña e en sede parlamentar cando afirmou que estaba obrigado a reducir os salarios aos traballadores da Xunta de Galicia para evitar despedimentos e agora non só lles baixa o soldo senón que anuncia que si haberá despedimentos na consellería de Traballo.

O deputado de AGE, Juan Manuel Fajardo, destaca que a falta de apoio do PP as enmendas presentadas polo seu grupo condena ao noso país ao desemprego xa que, segundo os datos da propia consellería, o ano pasado só se executou o 15 por cento do orzamento para programas de promoción de emprego, o que implica que este ano cunha importante redución económica na realidade se traducirá a desaparición deste tipo de programas. Así mesmo, o deputado de AGE destacou o feito de que mentres por unha banda se están a anunciar despedimentos na consellería de Traballo, por outra se lle garante o posto de traballo a unha persoa con vínculo de carácter consanguíneo co presidente da Xunta.

Desde o grupo parlamentar de AGE denuncian que o PP non só é incapaz de xestionar o problema do desemprego no noso país senón que toman decisións directas que a agravan aínda máis a situación. “Para saír da crise actual o único camiño é aumentar a capacidade económica dos galegos e galegas, xusto o contrario do que está a facer o PP” afirmou Fajardo quen lamentou que no PP estean “máis preocupados por limpar o esterco nas sedes do partido que en buscar solucións ao problema do desemprego”.

TEREIXA PAZ: “ A FRAUDE E A MENTIRA É O GRAN CAPITAL POLÍTICO DE FEIJOO”

O BNG pide a dimisión de Mato e unha explicación de Feijoo sobre o ERE “encuberto” na Administración galega

Santiago de Compostela, 15 de febreiro, 2013. A portavoz de Administración pública do BNG, Tereixa Paz presentou hoxe, en rolda de prensa, unha batería de iniciativas parlamentarias destinadas a “parar o ERE encuberto” impulsado pola Consellería de Traballo que afecta a persoal indefinido e interino.

A parlamentaria nacionalista afirmou que, para o Presidente da Xunta “ o fraude e a mentira son o seu maior capital político” porque durante a campaña anunciou que o Partido popular non pediría más “ esforzos e sacrificios aos empregados públicos” e transcorridos dous meses, someteunos a “chantaxe” de escoller entre unha nova rebaixa salarial para o ano 2013 ou despedimentos na Administración galega.

Feijoo debe explicar o ERE na Administración

Neste sentido, dixo, a Xunta optou “unilateralmente” por impoñer unha rebaixa salarial que se está a tramitar no Parlamento, vía orzamentos pero sen estar aprobados, xa aparecen os primeiros despidos e a amortización de postos. Para a deputada, esta medida exise que o Presidente da Xunta explique as verdadeiras razóns do Expediente de Regulación “encuberto” na Administración pública galega.

Por outra parte, a consellería de Traballo, Beatriz Mato, a través dunha reestruturación da consellería tamén despedirá a persoal indefinido non fixo, decisión que a deputada cualificou de “inmoral” se é comparada coa “blindaxe” do contrato do marido da Xerente do Hospital de Ourense, “prima do Presidente da Xunta”.

Tereixa Paz pediu a dimisión da conselleira de Traballo pola súa “nefasta e ausente xestión en políticas de emprego como evidencian os últimos datos de ocupación en Galiza, “a conselleira non cumpre coa súa función de velar pola legalidade en materia laboral porque para tramitar un ERE, explicou, este debe ser anunciado e negociado cos representantes dos traballadores”.

A parlamentaria considerou que a Xunta está incorrendo “ en fraude” á democracia e tamén  á separación de poderes porque no articulado dos orzamentos figura que só serán amortizadas as vacantes non ocupadas. Os orzamentos aínda non foron aprobados e o “O PP e Núñez Feijoo incumpren tamén esta condición”.

Expediente de Regulación de Emprego no BNG

A preguntas dos xornalistas sobre o despedimento de traballadores e traballadoras vinculadas ao BNG, Tereixa Paz lamentou que a dirección desta forza nacionalista se vira obrigada ao que cualificou de “dramática decisión” motivada por unha situación económica “insostible” para garantir o futuro dos e das taballador@s.

Paz afirmou que hoxe “é un día dos máis tristes na historia do BNG” porque a súa situación económica, tralos recortes de máis do 70% das achegas publicas e os “malos resultados electorais” provocaron unha situación “non desexada por ninguén”.

A deputada agradeceu o traballo e a militancia do colectivo de traballadores que, a partir de hoxe, non volverán a realizar o seu labor dentro do Bloque Nacionalista Galego e lamentou a marcha dos que considerou “compañeiros e compañeiras”.

Paz tamén agradeceu a contribución económica da militancia para garantir a viabilidade do BNG e o pago das indemnizacións dos traballadores e traballadoras despedidos.

Neste sentido, engadiu que o BNG procurou que as indemnizacións foran “as maiores posibles” dadas as circunstancias económicas e reiterou que os despedimentos obedecen a decisións políticas tomadas polos gobernos central e galego e os recortes de achegas públicas ás organizacións políticas e sindicais.

O BNG non se financia con diñeiro B ni con sobres

A parlamentaria concluíu afirmando que, a diferenza doutras forzas políticas, “O BNG financiase con aportacións económicas da súa militancia e cargos institucionais” e non con “cartos opacos”.

O BNG, dixo, é transparente e non se financia “en B nin con sobres” e as entidades financeiras tampouco nos condonan a débeda coma a outros.

¿Y tú qué opinas de esto?