Recortes ata da miseria
MUFACE RECORTA O 75% DO SUBSIDIO PARA FUNCIONARIOS QUE SE XUBILAN POLA IDADE REGULAMENTARIA OU POR INVALIDEZ.
Os recortes impulsados polo goberno do PP avanzan sen compaixón e chegan a afectar ata ás miserables axudas establecidas para acceso a vivenda do mutualista, subsidio de xubilación e axudas para o custo do deceso do mutualista.
AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA:
| Norma anterior
(orde 29.07.87-BOE 28.08.87) |
Norma actual
(orde HAP/2786/2012 de 19 de decembro -BOE 27.12.12) |
| Ata 1/3 do tipo total do xuro. | Queda anulada. Activarase cando as posibilidades o permitan. |
SUBSIDIO POR XUBILACIÓN:
MUFACE viña prestando unha axuda para os funcionarios ou funcionarias que remataran o súa vida laboral na función pública na idade regulamentaria ou por invalidez. Ademais ata o 31.08.11 o profesorado do ensino público que se xubilase a partir dos 60 anos tiña un incentivo da Xunta e do Ministerio de Educación que podía chegar ata os 14.000 ou 18.000 €, segundo os corpos correspondentes. Tamén había unha axuda do Fondo de Acción de Galicia que roldaba os 3.000€.
Todo se perdeu, todo nolo subtraeron. Non merecemos ningún subsidio despois de prestar toda unha vida laboral á función pública.
Agás a miseria:
| Normativa anterior(orde 30.12.88) | Normativa actual(orde HAP/2786/2012) |
| Resultado de multiplicar por 2 o salario base e os trienios(con 12 trienios 2.700€ para Mestres e 3.200€ para secundaria) | Resultado de multiplicar por 0.5 o salario base e os trienios(con 12 trienios 687€ para Mestres e 810€ para secundaria) |
AXUDA DE SEPELIO E DECESO:
| Normativa anterior(BOE 27.01.04) | Normativa actual(orde HAP/2786/2012) |
| Axuda mínima 1.502,53€ | Axuda mínima 751,28€ |
Así é como dignifican ao servidor público. Son ledicias do Nadal.
Santiago de Compostela, 07 de xaneiro de 2013.
Pública de FETE UGT GALICIA