Primer festival de humor “Rir, por non chorar” en Lugo de Adega – Para entrar traer pilas gastadas o lámpara fundida

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

HUMOR SOSTENIBLE

“Rir, por non Chorar” Festival de humor polo territorio este sábado en Lugo

Lugo, 27 de novembro de 2012. ADEGA convídate este sábado, día 1 de decembro ao I Festival de humor “RIR, POR NON CHORAR”, ás 20 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos). Os artistas Carlos Blanco, Isabel Risco e Leo i Arremecaghoná encargaranse de facernos “rir, por non chorar” a través da súa análise irónica e retranqueira de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural. Todas aquelas persoas que queiran acceder a esta cita co humor e o medio ambiente terán que traer un par de pilas gastadas ou unha lámpada fundida para que entre todos e todas poidamos “cargarnos as pilas e renovar as ideas na defensa do noso territorio”. E de paso, fomentar a reciclaxe.

O acto enmárcase dentro do proxecto Cultura e Territorio de ADEGA, en colaboración coa Área de cultura da Deputación de Lugo, que, á súa vez, está dentro da Campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”, a prol dunha ordenación territorial sustentábel.
Durante este ano 2012, ADEGA xa ten impulsado actividades dentro desta campaña como a exposición itinerante de humor gráfico “Rir, por non chorar”, as xornadas “A cultura do Monte”, os concursos de relatos (“O lugar onde vivo”), fotografía (“fotografías polo territorio”) e curtas (“E ti, que é o que ves?”), e varias charlas-obradoiro nos centros de ensino da provincia.

Nesta ocasión, o Festival tamén formará parte dos actos reivindicativos aderidos ao programa “Des-concerto Expansivo” de Burla Negra, que conmemora o décimo aniversario desta iniciativa e da catástrofe do Prestige. Deste xeito, ao remate das actuacións, arredor das 22 horas, procederase á lectura do manifesto “expansivo” e do “des-cálogo”.
O AFORO É LIMITADO!
Organiza: ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Apoia: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s