Reunión de todos los agentes relacionados con el sector lácteo gallego para buscar soluciones

SECTOR LÁCTEO

ROSA QUINTANA CHAMA Á SUMA DE ESFORZOS DOS AXENTES DO SECTOR LÁCTEO PARA AFONDAR XUNTOS NA PROCURA DE SOLUCIÓNS ÁS SÚAS DIFICULTADES

 

  • Con este motivo, a conselleira do Medio Rural e do Mar convocou para o vindeiro luns unha xuntanza na que ademais da administración estarán as organizacións profesionais agrarias e representantes da distribución e da industria
  • Advertiu ademais que se van reforzar as medidas de control na cadea de valor do leite para detectar prácticas como a venda a perdas e anunciou a convocatoria inmediata dunha Conferencia Sectorial específica sobre o lácteo

Madrid, 22 de novembro de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar en funcións, Rosa Quintana, convocou aos axentes do sector lácteo galego (organizacións profesionais agrarias e representantes da distribución e da industria) a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro luns para analizar a situación e afondar na procura de solucións en común para as dificultades polas que atravesa. Nesta reunión, a conselleira trasladaralles tamén as liñas de traballo que manteñen, neste sentido, os Goberno galego e central.

A titular de Medio Rural e Mar –que asistiu hoxe en Madrid aos consellos consultivos de Agricultura e Pesca e conferencia sectorial de Agricultura– fixo un chamamento a todas as partes interesadas para que sumen esforzos diante das dificultades. Pediulles que actúen unidos para que “entre todos sexamos capaces de seguir mantendo vivo un sector tan importante como este”. Rosa Quintana anunciou tamén a celebración, en datas próximas, dunha Conferencia Sectorial centrada de xeito específico e exclusivo no lácteo.

Ademais, advertiu que se “van reforzar as medidas de control na cadea de valor do leite, especialmente na industria e na distribución, tanto a nivel autonómico como nacional, para detectar prácticas como a venda a perdas” que se poden estar realizando por parte dalgúns dos distribuidores.

Compromiso da Xunta

A conselleira reiterou o compromiso da Xunta, do Goberno Central e das demais comunidades autónomas a prol deste sector. Neste sentido, cómpre lembrar as medidas postas en marcha por parte da Administración autonómica para mellorar a competitividade das explotacións –a través da mellora da base territorial das explotacións para non depender dos pensos e forraxes do exterior–, para incidir nunha maior capacidade financeira e de liquidez, priorizando os pagos de axudas da PAC e achegando fondos propios adicionais e para mellorar tamén a estrutura comercial do sector, con medidas coma o decreto que regula as organizacións de produtores ou a posta en marcha da marca de calidade Galega 100%.

É preciso tamén salientar o traballo desenvolvido polo Goberno Central, promovendo a sinatura dun acordo entre produtores, industria e distribución para desterrar prácticas comerciais que xeran prezos á baixa e que o leite fose un produto reclamo, dispoñendo axudas adicionais e poñendo en marcha o paquete lácteo (especialmente o contrato homologado).

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s