ALIANZA SOCIAL
A sede do Mupega acollerá o acto de constitución da Alianza Social Galega
Máis de 60 organizacións sindicais e sociais galegas forman parte desta Alianza
Compostela, 17 de outubro de 2012.- Mañá, día 18, a partir das 12.00 horas na sede do Museo Pedagóxico de Galiza (Mupega), emprazado en San Lázaro, 107, Santiago, terá lugar o acto de constitución oficial da Alianza Social Galega.
Máis de 60 organizacións sindicais e sociais galegas, entre elas CIG, CCOO e UGT, forman parte desta Alianza para dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, están desenvolvendo os gobernos de Galicia e do Estado, con consecuencias moi graves para as condicións de traballo e da vida da maioría social.
Nesta xuntanza, na que participarán os secretarios xerais de UGT, CCOO e CIG, ademais dos responsables do resto de organizacións que conforman a alianza, presentarase publicamente o manifesto fundacional e as súas principais propostas.
|