Adega denuncia un presunto fraude con la concesión de licencias de cazas ilegales en Galicia

DENUNCIA ADEGA

A Escopeta Nacional II: Licenzas de          caza ilegais e barra libre de chumbo para os amigos

8 de outubro de 2012.        ADEGA vén de denunciar os gravísimos feitos acontecidos no        Servizo de Conservacion da        Natureza da Coruña pola        masiva concesión de licenzas de caza ilegais,        actualmente investigadas pola Fiscalía. Estas licenzas déronse        presuntamente ao marxe da lei xa que ao parecer os        «beneficiarios» nen realizaron o preceitivo exame do cazador nen        pagaron as correspondentes taxas oficiais, aínda que        descoñecemos se tiveron que pagar outra taxa «extraoficial».        Alén das consecuencias que sobre a correcta xestión da fauna        salvaxe teñen estes feitos, resulta moi preocupante que con        estas licenzas na man, determinados individuos poidan acudir á        Garda Civiil e facerse cun permiso de armas, a        todas luces ilegal! ADEGA esixe o cese inmediato        do xefe do Servizo de Conservación da Coruña Carlos Muñoz        Martínez e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou        non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo        o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.

Ao parecer e segundo trascendeu de fontes        próximas á investigación, non se trata dun feito ocasional senón        que a concesión ilegal destas licenzas de caza levaría        acontecendo neste servizo dende hai anos.

ADEGA vaise persoar no procedemento aberto pola Fiscalía para      coñecer, entre outros estremos:

-Que        persoas obtiveron fraudulentamente licenzas de caza e pesca no        Servizo Provincial de Conservación, particularmente dende que D.        Carlos G. Muñoz Martínez ostenta o cargo de Xefe de Servizo.        ADEGA xa ten denunciado a responsabilidade deste funcionario e        dos seus superiores na «xestión»          da Lagoa da Frouxeira; nas instrucións          ocultas para o «manexo» de hábitats e especies protexidas;        no atentado ecolóxico pola «autopista»          do Monte Louro; na aniquilación          do lobo na Coruña…etc.

-Quenes        son os políticos responsábeis de que permitir por acción ou        omisión semellante comportamento corrupto. Era coñecedor o        Conselleiro Sr. Hernández destas prácticas? A Dirección Xeral de        Conservacion da Natureza nunca detectou que se estaban emitindo        licenzas de caza sen pasar o exame do cazador nen pagar as        correspondentes taxas?

-Cal é o montante do desfalco para        as arcas públicas que supuxo non pagar ducias de licenzas        durante anos?

-Cais        son as implicacións que tivo, ten e terá para a conservación da        fauna protexida e da fauna cinexética o feito de que ducias de        cazadores ilegais, que non pasaron o exame do cazador e,        portanto, non teñen nin idea de como e que poden cazar?.

Dende        ADEGA preguntámonos cantas batidas, agardas, ganchos etc. sobre        a fauna salvaxe foron autorizadas e realizadas por «cazadores        ilegais» e cal foi o seu impacto sobre as especies salvaxes.        Aparte do risco que para a seguridae cidadá implica a tenza de        armas por persoas non capacitadas legalmente, para ADEGA os        responsábeis da desregulación          total da caza en Galiza teñen nomes e apelidos. Son os        mesmos que, sen ir máis lonxe, acaban de aprobar o adianto da        apertura tempada de caza, inicialmente prevista para o día 21 de        outubro, á vindeira fin de semana (14 de outubro). Trátase de        que evitar unha masiva fuxida de escopetas ao monte o día das        eleccións, xa que é ben coñecido a onde van parar a maioría dos        votos do chumbo.

¿Y tú qué opinas de esto?