CASO POKEMON: Piden que se investiguen las concesiones hidroeléctricas de Fernández Liñares a Iberdrola y Fenosa

CASO POKEMON

ADEGA pide á Fiscalía e ao xulgado do “Pokemon” que investigue as concesións hidroeléctricas de Fernández Liñares a Iberdrola e Fenosa

                        4 de outubro de 2012. Os faraónicos proxectos de Iberdrola e GN-Fenosa no Sil e Miño e que afectan (Santo Estevo II, San Pedro II) ou van afectar (Sta. Cristina, Belesar III, O Peares III, Edrada-Sto. Estevo) a espazos naturais protexidos, paisaxes únicas e mesmo especies en perigo de extinción, foron autorizados e defendidos polo ex-presidente da CH Miño-Sil, Fdez. Liñares, mesmo contra o acordo do Senado de non autorizar novos aproveitamentos nestes ríos e a opinión da daquela ministra de Medio Ambiente Rosa Aguilar, quen recoñecera a sobreexplotación da bacía.

Os elevadísimos impactos destas instalacións sobre o patrimonio ambiental e cultural da Ribeira Sacra, como puidemos ver co proxecto de Santo Estevo II, fan aínda máis incomprensíbel o apoio por parte da Confederación Miño-Sil que ademais presentou un Plano Hidrolóxico a medida de Endesa e Fenosa. Dende ADEGA instamos á Fiscalía e ao xulgado que entende o “caso Pokemon” a que investigue a tramitación destas concesións. Esiximos tamén as novos responsábeis da Confederación que paralisen a tramitación destes proxectos e á Xunta que manifeste diante do ministerio a súa oposición a unhas obras que son un vergoñento resto do “franquismo ambiental” nos nosos ríos.

A tramitación das autorizacións administrativas para a construción dos encoros promovidos por Iberdrola no Sil, os xa construídos de Santo Estevo II e San Pedro II (cuxas obras rematarán en 2013), e o previsto de Santa Cristina (que comezarán en 2013-2014), estiveron rodeadas de polémica polas inusuais declaracións do daquela responsábel da Confederación Miño-Sil, Sr. Fernández Liñares, manifestándose a favor destes proxectos (“en Sta. Cristina non haberá impacto ambiental”) e acusando aos ecoloxistas de “oportunistas políticos” e “descoñecedores da lei”. Habida conta da imputación do Sr. Fdez. Liñares por prevaricación, suborno e tráfico de influenzas no caso “Pokemon”, dende ADEGA instamos ao xulgado de instrución nº 1 de Lugo, á Fiscalía Anticorrupción e á Fiscalía Ambiental do TSXG a que investiguen as concesións e os proxectos hidroeléctricos tramitados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil durante a pres¡dencia do actual imputado (2008-2012).

Estes faraónicos proxectos xa foran rexeitados polo bipartito en 2007, e tamén en 2011 pola daquela ministra de Medio Ambiente Rosa Aguilar, quen recoñecera a sobreexplotación destas bacías en concordancia cun acordo do Pleno do Senado. Con todo, as obras de Iberdrola e GN-Fenosa seguiron adiante e é público o apoio que o daquela presidente da CH Miño-Sil prestara dende o seu cargo a estes proxectos. Este descarado favoritismo coas empresas concesionarias xa fora denunciado publicamente no Senado (polo ex-senador do BNG, Pérez Bouza), de xeito que o Sr. Fdez. Liñares parecía actuar máis como un representante de Iberdrola que como un responsábel dunha administración pública, encarregada de mirar polos intereses da cidadanía e salvagardar o bo estado dos nosos ríos.

Con semellantes antecedentes, ADEGA esixe tamén a paralización da tramitación destas concesións, en particular das de Sta. Cristina (Iberdrola) e Edrada-Sto Estevo (GN-Fenosa), instalacións cun elevadísimo impacto ambiental e paisaxístico sobre a Ribeira Sacra e a Rede Natura 2000. O encoro de Santa Cristina é un dos proxectos máis ambicioso de Iberdrola no Estado, e pretende crear no alto dos canóns do Sil (en Parada do Sil) unha enorme balsa á que bombear auga dende unha cota inferior para despois turbinala, nunha área con hábitats de interese prioritario e presenza estable dunha das últimas parellas de aguia real que quedan no país. Dito proxecto xa contou coa modificación do emprazamento da lagoa-balsa por varias veces, a efectos de querela retranquear fora dos límites dunha Rede Natura que nos canóns do Sil, foi claramente mutilada para atender aos intereses das eléctricas. Nestes intres está en tramitación Feijóo unha ampliación da Rede Natura moi favorábel aos intereses das eléctricas e un Plano Director hiper-permisivo que abre de novo a porta é especulación cos espazos protexidos.

E sobre o papel da Xunta nestas concesións, en agosto 2011 e coa tramitación administrativa do aproveitamento de Santa Cristina en marcha, a Xunta desvencellouse do proxecto alegando que a súa autorización dependía do goberno central. Estaría ben lembrar a Feijóo e Hernández as competencias ambientais plenas que a Xunta ten sobre os espazos protexidos galegos e coñecer cal é agora a postura do seu goberno habida conta de que o Ministerio que está a tramitar estes faraónicos proxectos está en mans do seu partido.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s