CCOO Galicia: “La ciudadanía tiene en el adelanto electoral una oportunidad para detener los recortes”

ECONOMÍA | LABORAL

A cidadanía ten no adianto electoral unha oportunidade para deter os recortes económicos e en materia sociolaboral 

En tres anos de Goberno do PP, os recursos públicos da Xunta minguaron preto do 30%

28-8-2012
.- Con motivo do adianto electoral en Galicia, previsto para o vindeiro 21 de outubro, Comisións  Obreiras (CC OO) sinala que a cidadanía galega ten unha oportunidade para deter os recortes económicos  e de dereitos laborais e sociais.

O presidente do PP de Galicia e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que o Goberno que saia das urnas  será o encargado de elaborar os orzamentos de 2013. Neste sentido, CC OO lembra que, desde a chegada  de Feijóo a San Caetano, os recursos da Xunta minguaron case un 30%. Este descenso cuantitativo foi  acompañado doutro cualitativo: nin os investimentos se destinaron a reactivar a economía, nin os recortes  se aplicaron ao gasto superfluo.

CC OO mantén que para saír da crise cómpren investimentos en infraestruturas de comunicación e  transporte, de ordenación do territorio, de provisión de solo para actividades económicas, en actuacións  ambientais, investigación, desenvolvemento e innovación ou en infraestruturas do medio rural, entre  outras actuacións fundamentais para a capitalización económica do país. Porén, ano tras ano o capítulo de  investimentos dos orzamentos mingua, unha decisión que non axuda a combater a crise.

Retrocesos sociolaborais
O sindicato lembra que co PP nos Gobernos do Estado e de Galicia estamos a experimentar «o maior  retroceso en dereitos laborais e sociais que se lembra». Ademais, «co pretexto do discurso baleiro e falaz  da austeridade», están a practicar unha serie de recortes económicos que «prexudican os sectores máis  desfavorecidos da cidadanía». A estratexia seguida consistiu en deteriorar e privatizar servizos públicos,  desmantelando así o estado social, e en reducir as partidas relacionadas co emprego público e as  transferencias a familias, empresas e institucións sen ánimo de lucro.
Neste escenario, CC OO presentou propostas alternativas que non foron asumidas polo Goberno. Así as  cousas, nos últimos meses, o sindicalismo de clase protagonizou numerosas accións reivindicativas que  tiveron o seu punto culminante na folga xeral do pasado 29 de marzo, seguida masivamente, e os actos de  protesta aínda continúan estes días. É unha campaña de mobilización sostida que sumou xa milleiros de  apoios en toda Galicia. Porén, o día 21 de outubro «a cidadanía non só vai ter a palabra, senón a posibilidade de decidir».
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2012

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s