El BNG relama la continuidad de la planta de Alcoa en A Mariña lucense

ALCOA EN A MARIÑA

O BNG DEMANDA QUE O GOBERNO CENTRAL, O DA XUNTA E A PROPIA EMPRESA SE COMPROMETAN COA CONTINUIDADE DA PLANTA DE ALCOA NA MARIÑA

 

Francisco Jorquera reuniuse con alcaldes, portavoces municipais do BNG da comarca e con membros dos comités de empresa de ALCOA e das industrias auxiliares.

Foz, 23 de agosto 2012.- O candidato do BNG á presidencia da     Xunta e portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, demandou esta mañá que o Goberno Central, o da Xunta de Galiza e tamén a propia ALCOA se comprometan coa continuidade da planta que a multinacional do aluminio ten na Mariña.

Jorquera reuniuse esta mañá en Foz cos alcaldes do BNG da comarca, portavoces municipais e con membros dos comités de empresa de ALCOA e das industrias auxiliares para analizar as medidas a tomar ante o risco de deslocalización da planta de San Cibrao.

O candidato nacionalista á presidencia da Xunta recoñeceu que “o BNG está moi preocupado polo futuro da planta de Alcoa na Mariña porque o 31 de decembro vence o contrato de subministro de enerxía a esta planta e existe o risco de que a nova política tarifaria do goberno Central signifique un incremento dos custos do subministro da enerxía eléctrica a esta empresa,  uns custos que representan xa neste momento máis do 40% dos seus custos de produción”.

 

“Galiza é excedentaria en produción eléctrica e isto ten que recoñecerse na tarifa eléctrica”

Isto pon en perigo a continuidade da factoría e que opte por deslocalizarse. Neste sentido, Jorquera explicou que “o BNG a través de distintas iniciativas no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego está instando ao Goberno Central a que dea unha solución definitiva a este problema”.

Unha solución que para o BNG pasa por “unha tarifa reducida e un contrato de longa duración para os grandes consumidores eléctricos como Alcoa”.

Neste sentido, Francisco Jorquera defendeu que “é necesario ter en conta que Galiza é un país excedentario en produción eléctrica e polo tanto precisamos un réxime tarifario que teña en conta este feito de xeito que favoreza a permanencia e instalación de industrias no noso país, como é o caso de Alcoa”.

A empresa debe garantir postos de traballo e actividade

Ademais, o candidato nacionalista á presidencia da Xunta afirmou que “para o BNG tamén ten que haber un compromiso claro por parte de ALCOA de que manteña os postos de traballo e non deslocalize actividade”.

O goberno de Feijoo debe comprometerse coa continuidade de Alcoa na Mariña

Por último, Francisco Jorquera tamén lle demandou ao goberno da Xunta “que deixe de inhibirse e asuma como prioridade a continuidade da planta de Alcoa na Mariña, do mesmo xeito que o goberno de Asturias o está a facer coa planta que a multinacional do aluminio ten no Principado.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s