Los trabajadores de Eulen hacen huelga en la empresa de viajeros Alsa por recortes de salarios

HUELGA EULEN

A empresa reducirá os salarios nunha subcontrata nun 14,37%, alegando que a competencia ten prezos máis baratos

O Comité de Empresa de Eulen convoca folga na empresa de viaxeiros Alsa, para os días 17, 19 e 31 de agosto e o 3 de setembro

O Comité de Empresa de Eulen, onde están representadas CCOO, UGT e CIG, que ten a presidencia, vén de anunciar a convocatoria de folga para os días 17, 19, 31 de agosto e 3 de setembro. A empresa ten unha subcontrata que dá servizos de atención a viaxeiros na liña VIP de Alsa-Clase Supra e pretende unha rebaixa salarial dun 14,37% , que xustifica porque a competencia faino máis barato.

A función das 8 traballadoras da subcontrata que desenvolve a súa actividade nesta liña é similar á dunha azafata de avión: atender aos viaxeiros, recepcionar e gardar as maletas e durante a viaxe dar agasallos, cattering, bebidas…

A empresa ALSA iniciou o período de consultas co Comité de Empresa para rebaixar o salario un 14,37% alegando que hai empresas da competencia que o fan máis barato e baixo a ameaza de que, de non aceptar perderían o servizo. Alén diso,  e dado que non hai subrogación, as traballadoras irían para a rúa. Roberto Alonso, secretario comarcal da CIG-Servizos de Compostela, explica que, “esa rebaixa de salarios non vai repercutir nin na rebaixa do prezo do billete, incluído este servizo, nin nunha mellora do mesmo, demostrando claramente que o que se busca en realidade é incrementar os beneficios empresariais a custo dos salarios das traballadoras”. A outra alternativa que se lles ofrece, se non aceptan estas condicións é acollerse ao despedimento de 20 días por ano. “Así contratan xente nova coas novas condicións”, denuncia Alonso. Esta proposta tamén a realizaron no resto do Estado, e afecta a un total de 67 traballadoras. A maioría delas aceptaron ben rebaixar o salario, ben o despedimento de 20 días. Alonso sinala que, ao parecer, a maioría das traballadoras non están sindicadas “de aí a facilidade que tivo a empresa para impor estas novas condicións”, salienta o secretario comarcal da CIG-Servizos, quen engade que “é unha mostra clara da rebaixa salarial que se está a demandar, que en ningún caso favorecerá á  recuperación económica, unicamente o incremento dos beneficios empresariais”.

Xunto a isto, Alonso alerta de que con estas políticas “aumentará a conflitividade laboral e reduciranse os ingresos do estado por cotas de seguridade social e IRPF”.

Compostela, 14 de agosto de 2012.

Confederación Intersindical Galega

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s