GalegoLab presenta los recursos digitales LEGA (Lecer Galego) e Astronomía básica para promover el gallego en la red

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

GalegoLab presentou

LEGA (Lecer Galego)

 e Astronomía básica

A plataforma busca levar o galego a aquelas áreas onde a súa presenza é escasa

Santiago de Compostela, 21 de xuño

 Esta mañá, na Libraría Couceiro, presentouse de forma oficial LEGA (Lecer galego), un proxecto de GalegoLab que pon a disposición da sociedade galega recursos lúdicos dixitais naquelas áreas onde a presenza do galego sexa baixa ou escasa, xerando estes contidos baixo licenzas libres maioritariamente que permitan a súa libre distribución e uso. A presentación correu a cargo de Cani Martínez, Carlos Ares e Xoán Antón Pérez Lema, membros da directiva de GalegoLab e Xabier Seixo, encargado de desenvolver LEGA. Xa se pode acceder á plataforma no enderezo http://lega.galegolab.com/

A web de LEGA divídese en catro apartados principais: ludoteca, discoteca, filmoteca e discoteca. Neste último (http://lega.galegolab.com/galegogym) pódese descargar de xeito totalmente gratuíto Galegogym, un cd de música galega, en Creative Commons, para facer fitness en galego, que contou coa colaboración de artistas como GalegoZ, Zimmer 103 e Projecto Mourente.

A ludoteca (http://lega.galegolab.com/ludoteca) está, polo de agora, adicada ós máis pequenos e pequenas, que poden xogar, na nosa lingua, a Frozen Bubble (http://www.frozen-bubble.org/) e Childsplay (http://www.schoolsplay.org/).

Pola súa banda, a filmoteca permite o visionado de Sintel, unha curtametraxe de animación desenvolvida pola fundación Blender (http://lega.galegolab.com/curtametraxe-sintel). Esta conta a historia dunha adolescente chamada Sintel que percorre o mundo na busca dun dragón chamado Scales, ó que coñecera cando este era pequeno. Scales é capturado por outro dragón, e Sintel comeza a súa busca, que a leva a percorrer o mundo na súa procura.

Asemade, está xa accesible a páxina web Astronomía básica (http://astronomia.galegolab.com/), un recurso de astronomía orientado a todas aquelas persoas que se queiran iniciar na astronomía.

O proxecto consta de material dixital de astronomía, unha guía de astronomía básica e un dvd do sistema operativo Ubuntu en galego, totalmente funcional para usos xenéricos, e modificado de tal xeito que se engaden tanto programas de astronomía en galego de mapas e atlas celestes (Stellarium e Cellestia). Está completamente en galego (o software, navegador web, procesador de textos, reprodutor de vídeo e audio…) e cabe tamén destacar que se pode executar sen instalar.

Astronomía básica levouse a cabo en colaboración con Astronomía na Beirarrúa http://astronabeira.blogspot.com/, un proxecto nacido dentro da Universidade de Santiago de Compostela e que ao longo destes últimos anos leva traballando para achegar a astronomía dun xeito lúdico e participativo.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s