Novas Xeracións de Galicia solicita a Twitter la versión en gallego de esta red social, y se compromete a colaborar en la traducción

A organización xuvenil realizará esta petición a través dunha misiva que será enviada a Dick Costolo e poñerá centos de mozos a disposición de Twitter para lograr o seu obxectivo

NNXX solicitará ao conselleiro delegado de Twitter a súa versión en galego e comprométese a colaborar na tradución

 

  • Javier Dorado cre que sería unha forma moi útil de promover a lingua galega entre os usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas e utilizadas do mundo

 

  • Asegura que o compromiso de NNXX coa lingua galega é o que move a esta organización a interesarse por que Twitter abra o seu centro de traducións tamén ao galego

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012.- Novas Xeracións de Galicia solicitará ao conselleiro delegado de Twitter, Dick Costolo, a versión en galego desta coñecida rede social e comprométese a colaborar na súa tradución.

Segundo o presidente da organización xuvenil, Javier Dorado, Novas Xeracións realizará esta petición a través dunha misiva na que non só pedirá que se abra o centro de traducións de Twitter ao galego, senón que tamén ofrecerá a axuda dos mozos e mozas da formación para lograr este obxectivo.

Tras coñecerse que a partir do vindeiro 5 de xullo Twitter dispoñerá dunha versión en euskera e catalán, Novas Xeracións considera que non debe destacar pola súa ausencia nesta rede social a outra lingua oficial de España, que é a galega.

Para Javier Dorado, que os internautas poidan dispoñer do Twitter en galego sería unha forma moi útil de promover a nosa lingua entre os usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas e utilizadas do mundo.

Nesta liña, asegura que o compromiso de Novas Xeracións coa lingua galega é o que move a esta organización a interesarse por que non se quede atrás e Twitter abra os seu centro de traducións tamén neste idioma.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s